You are hereEducación Primaria / 4º Ed. Primaria
4º Ed. Primaria
Tarefas
Facede as actividades de inglés, dos temas 1 á 4 incluido.
Actividades de refuerzo de Matemáticas 4º
Actividades de refuerzo de Matemáticas para 4º de Educación Primaria.
Actividades de refuerzo de Lengua Castellana 4º
Actividades de refuerzo de Lengua Castellana para 4º de Educación Primaria.
Actividades de reforzo de Lingua Galega 4º
Actividades de reforzo de Lingua Galega de 4º de Educación Primaria.
Museo do Mar e estadio de Balaídos
O venres os alumnos do segundo ciclo de Educación Primaria fomos de excursión a Vigo. Visitamos o Museo do Mar e o Estadio de Balaidos. O tempo, de primeiras non nos acompañou pero despois abriu e puidemos desfrutar dunha tarde estupenda. O restaurante "Di San Remo" deixounos as súas instalación para comer xa que, aínda que o día abrira as mesas estaban molladas.
No museo do mar os alumnos de terceiro, realizaron a actividade "Os segredos arqueolóxicos do Museo do Mar". Tomando como punto de partida o xacemento castrexo do museo convertéronse en arqueólogos e realizaron unha escavación arqueolóxica para despois traballar os resultados un laboratorio científico, e, por último experimentaron algúns dos aspectos do traballo diario das xentes que viviron en época castrexa e romana. FOTOS
Por outra banda, os alumnos de cuarto gozaron da actividade "Coñecendo a cultura tradicional mariñeira". Transformáronse en auténticos mariñeiros tradicionais e experimentaron por sí mesmos diversos aspectos da vida destas xentes: cazaron unha balea, pescaron con diferentes técnicas e levaron un bote como auténticos mariñeiros. FOTOS
Ademais de realizar as diferentes actividades visitaron o acuario, onde coñeceron algunhas especies, entre elas o tiburón branco.
Ó rematar a visita no museo fomos a Samil, comemos e desfrutamos de tempo libre no paseo.
Finalmente fomos ó Estadio de Balaídos, alí estivemos na sala de prensa, no museo do Real Club Celta de Vigo, no vestiario dos xogadores e mesmo no campo e no palco presidencial. FOTOS
Foi unha experiencia inolvidable!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- seguinte ›
- última »