You are hereEducación Primaria

Educación Primaria


Monstruo de Cores sticky icon

Bo día familias! Por aquí vos deixo os traballiños do conto “O Monstruo de Cores”. Quedaron xenial. Moitísimas grazas por participar. Un saúdo e unha aperta grande!

Info interesante para a comunidade educativa sticky icon

Ola a todos!

Nesta época de corentena, son varios os recursos que nos ofrece a televisión pública e certas editoriales, ó longo deste post atoparedes información relevante para os máis peques da casa. 

Rtve clan 

RTVE presenta este luns 23/03/19  ‘Aprendemos en casa’, unha iniciativa do Ministerio de Educación e Formación Profesional para facilitar a educación desde a televisión pública durante o tempo que duren as medidas de illamento para conter o coronavirus. 

Para os nenos/ as de 6 a 12 anos fará tres horas diarias no canle Clan entre as 09:00 e as 12:00 horas, divididas por idades do seguinte modo:

Para estudantes de 6 a 8 anos o horario será de 09:00 a 10:00 horas.

Para alumnado de 8 a 10 anos no intervalo de 10:00 a 11:00 horas.

Por último para os  discentes de 10 a 12 anos a programación darase entre as 11:00  e as 12:00 horas

Sobre as materias que se impartirán: ’Aprendemos en casa’ contará cun completo programa de contidos: 

  • Luns: lóxica e matemáticas.
  • Martes: ciencias sociais.
  • Mércores: educación artística e educación física. 
  • Xoves: lingua e idiomas.
  • Venres: ciencias naturais. 

Toda a  info dispoñible na páxina de  RTEV na seguinte ligazón:

https://www.rtve.es/rtve/20200320/rtve-aprendemos-casa/2010489.shtml

Rtvg 

A Televisión de Galicia vai emitir, desde o luns e pola súa segunda canle, a G2, un bloque de programación educativa. De luns a venres, entre as 11.00 e as 13.00 horas, este bloque emitirase mentres os centros escolares permanecen pechados atendendo as restricións para loitar contra coronavirus. Esta medida foi aprobada este sábado polo Centro de Coordinación Operativa establecido en Galicia para tratar a emerxencia. 

Deste xeito, os medios públicos galegos facilitarán aos estudantes unha nova vía para recibir contidos complementarios aos que reciben dos seus centros. En colaboración coa Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, a iniciativa arranca cunha variada oferta de programas en áreas tan diversas coma a xeoloxía, a historia, a experimentación ou o mundo animal, e que se irá ampliando con achegas do sistema educativo galego.

Toda a info sobre esta nova, dispoñible na páxina da RTVG no seguinte enlace:

http://www.crtvg.es/crtvg/noticias-corporativas/a-g2-emitira-de-de-luns-a-venres-un-bloque-educativo-para-apoiar-os-estudantes-galegos?_tcode=bHExNWQy

Editorial La Calesa

Para tentar axudar a todos os alumnos de Primaria que estes días teñen que permanecer nos seus domicilios, en Editorial La Calesa creamos unha publicación especial gratuíta para poder realizar tarefas e deberes en casa. Debido a que somos especialistas en cadernos de traballo, apoio e reforzo, cremos que os contidos pedagóxicos das nosas publicacións de sempre son idóneas para este mester.

Fixemos un compendio de páxinas, contidos e exercicios especialmente interesantes das nosas coleccións de Educación Primaria e Secundaria e referentes a

  • Ortografía. 
  • Lectura Comprensiva.
  • Expresión Escrita.
  • Matemáticas e Cálculo ABN.

 

Dende La Calesa puxeron todos os contidos de forma gratuíta ao dispor de todos os docentes, pais e nenos en xeral. Non fai falta ser cliente de Editorial La Calesa para facer uso deste material, a achega é aberta, libre e gratuíta para que calquera persoa poida beneficiarse e facer uso dos nosos contidos pedagóxicos. Os contidos son documentos en formato PDF, están colgados na nosa nube e pódense visualizar directamente online ou ben descargar e gardar en computadores e dispositivos. Tamén se poden imprimir nas casas. 

Toda a información relativa a estes contados poder atoparse na página web da editorial. 

https://www.lacalesa.es/

ACTIVIDADES DE RELIXION PARA ALUMNOS DE 1º A 4º sticky icon

PARA Os ALUMNOS DE RELIXIÓN DE PRIMEIRO A CUARTO ACHÉGOVOS UNHA PÁXINA CON ACTIVIDADES E XOGOS.
UN ABRAZO.

 

http://reliartes.blogspot.com/2015/02/calendario-cuaresma.html

Contido de proba

Coloca correctamente en cada frase o pronome que vai ao final entre parénteses

1. Colleu moi a modiño (o).  ___________________________________________________

2. Pediu polas boas (a).  ___________________________________________________

3. Desta forma ves mellor (as). ____________________________________________

4. Axiña vou contar (os). __________________________________________________

5. Recitaba con moito aquel (as). ___________________________________________

6. Dixo el mesmo (o). ___________________________________________________

7. Quixo recoller cedo (as). ________________________________________________

8. Pedía sempre sen azucre (as). ____________________________________________

9. Trouxeron en tren (o). ___________________________________________________

10. Escoitou con moita atención (os). _____________________________________________

 

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar