VISITA AO I.E.S. "VAL DO ASMA" sticky icon

O pasado mércores, día 30 de xaneiro, os alumnos de 6º de E. Primaria do noso colexio desprazáronse ao I.E.S. "Val do Asma" onde, despois de participar nunhas prácticas de laboratorio dirixidas por profesores e alumnos do citado instituto, lles presentaron as instalacións e foron informados das liñas básicas de funcionamento do centro no que poderán optar por cursar os seus estudos no vindeiro curso académico.

. sticky icon

O SAMAÍN – HALLOWEEN sticky icon

Este ano, os alumnos/as do centro participaron en varias actividades realizadas para conmemorar esta festividade. Así, entre outras actividades realizadas dentro das aulas:

•Crearon a cidade dos monstruos, onde cada alumno/a do centro creou o seu propio monstruo.
•Deseñaron a súa cabaza, axudados pola súas familias. Dar as grazas dende aquí as familias pola participación nesta actividade.
•E por último o día 31, contaron contos e cantaron para todos os alumnos/as do centro. Así, as cancións e contos interpretados son os seguintes:

•Canción en inglés (1º, 2º e 3º de Primaria): Trick or treat
•Conto 1º ciclo de Primaria: A bruxa regañadentes
•Conto 3º de Primaria: O dragón
•Canción en inglés (4º, 5º e 6º de Primaria): The three scarecrowns
•Conto 4º de Primaria: A pantasma da torre
•Conto 5º de Primaria: “Carabuñas o que nunca corta as uñas”
•Canción en galego: O Samaín de Mamá Cabra (por todo o colexio.

 

 

www.facebook.com/televintechantada/videos/512000172651344

www.facebook.com/televintechantada/videos/324517261664440

CONCURSO PILABOT sticky icon

Durante este curso escolar, imos participar nun concurso chamado Pilabot. Este concurso consiste en recoller pilas usadas e acumuladores das casas das familias, dos nenos/as do centro escolar,dende os meses de novembro a febreiro.

CARTEL COLOREABLE

Oconcurso busca fomentar a recollida de pilas e acumuladores entre a mocidade, para que asíadquiran un hábito necesario para a protección do medio ambiente, xa que son moi contaminantes, e co avance da tecnoloxía cada vez úsansemáis.

No centro escolar,temosdendehai tempo, un punto para a recollida de pilas, pero gustaríanosdarlle un novo impulso, e por isoanotámonos o concurso. 
Pedimos pois, a colaboración de todas as familias. Moitasgrazas.
A continuación, están unha serie de vídeos, xogos, páxinas e unidades didácticas que poden ser de interese, sobre este tema.

VIDEOS
VIDEO INFORMACIÓN
   
INFORMACIÓN XOGO
   
XOGOS
   
XOGOS

 UNIDADES DIDÁCTICAS

 

OBRADORIO PARA A CREACIÓN DUNHA REGUEIFA sticky icon

O 30 de Outubro, os alumnos/as de 6º curso, tiveron a oportunidade de participar nun taller para a creación de regueifas. Este taller foi ofertado e organizado polo “Castañazo Rock” e contou coa colaboración dunha gran mestra da regueifa e poeta, “Alba María"
Neste taller a parte de coñocer o significado desta palabra, crearon unha entre toda a clase, na que o último verso era sempre o mesmo: "Fora a discriminación"
Unha regueifa é un canto ou cantiga de orixe galego-portugués, que mestura poesía e música, entre dúas ou máis persoas que seguen o mesmo cantar ou son durante o tempo que dura unha disputa sobre un tema determinado.


REGUEIFA CREADA POLOS ALUMNOS/AS DE 6ª CURSO:

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar