PRAZO PARA ACTUALIZACIÓN DE DATOS DE MATRÍCULA sticky icon


 

Comunícase ás familias do alumnado que o prazo para facer modificacións nas opcións de matrícula do alumnado remata o vindeiro día 8 de setembro.

Asemade infórmase que no taboleiro interior do centro están publicadas as listaxes do alumnado por cursos e grupos.


 

Comedor escolar - curso 2023/2024 sticky icon

ALUMNOS:

Os alumnos que solicitaron praza para o SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR  deberán cumprimentar o impreso:

Este impreso tamén o poderán recoller nas dependencias do centro e deberá ser entregado cuberto e asinado antes do día 14 do mes de xullo.

 


 

COLABORADORES:

As nais, os pais, os/as titores/a legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2023-2024, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión, que, habilitadas para este fin, se atopan na Dirección.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 14 de xullo.

Durante o curso escolar 2023-2024 só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas.

Os pais/nais/titores legais que desexen colaborar deberán cubrir o seguinte impreso e presentalo nas dependencias do centro:

 Os impresos de solicitude tamén están dispoñibles nas dependencias do centro.

Historiais académicos sticky icon

Os pais/nais/titores legais dos alumnos que remataron 6º curso de E. Primaria promocionando ao instituto poden pasar polas oficinas do centro do 27 de xuño ao 7 de xullo (de 11:00 a 13:00)  e recoller os HISTORIAIS ACADÉMICOS. Os que non sexan recollidos nesas datas poderán recollerse a partir do 1 de setembro.

Estes documentos orixinais (antigamente eran os LIBROS DE ESCOLARIDADE) deberanse conservar sempre en propiedade do alumno, aportando fotocopias cando lle sexan requeridos para calquera trámite. Para a matrícula no instituto non lle deberán ser requeridos pois, segundo a normativa vixente, o centro remitiralle copias dos mesmos ao instituto correspondente previa petición deste.(Art. 29. Título II. Capítulo IV do DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.)

Libros de texto curso 2023/2024 sticky icon

No seguinte enlace (premendo ou escaneando) publícase a relación de libros de texto e material didáctico que se utilizarán no centro para o vindeiro curso escolar 2023/2024.

Ata que se publiquen as listaxes definitivas de axudas concedidas para libros do fondo (3º, 4º) ou para a adquisición de libros (1º, 2º) non se deben mercar os libros de texto (se se presentou solicitude de axuda).

A partires do 27 de xuño publicarase no taboleiro de anuncios interior do centro a listaxe provisional de admitidos e excluídos na convocatoria de axudas para adquirir libros de texto e material escolar e a participación no fondo solidario de libros de texto. O 7 de xullo publicaranse as listaxes definitivas.

A partires do día 27 de xuño e ata o 7 de xullo (de 11:00 a 13:00) poderán recoller os vales no colexio. Os que non se recollan nese período, entregaranse no mes de setembro.

Os solicitantes con axudas denegadas por erros na documentación, ou os que detecten algún erro no vale, terán 10 días desde a publicación da listaxe provisional para emendar as deficiencias ou remitir a documentación necesaria.

Os libros de texto do Fondo solidario entregaranse ao alumnado no mes de setembro, no inicio do curso escolar.

 

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar