CAMPAÑA SOLIDARIA ONG GLOBAL HUMANITARIA sticky icon

 

 

 

Queridas familias e alumnado:

Desde Mariola Solidaria comprácenos comunicarlles a realización da CAMPAÑA SOLIDARIA de recollida de roupa e calzado en beneficio da ONG Global Humanitaria.

A recollida rematará o venres, 4 de outubro e levarase a cabo no centro.

Agradecerlles por adiantado a colaboración na nosa campaña.

Reciban un cordial saúdo.

Atentamente:

PRAZO PARA ACTUALIZACIÓN DE DATOS DE MATRÍCULA sticky icon


 

Comunícase ás familias do alumnado que o prazo para facer modificacións nas opcións de matrícula do alumnado remata o vindeiro día 6 de setembro.

Asemade infórmase que no taboleiro interior do centro están publicadas as listaxes do alumnado por cursos e grupos.


 

LISTAXES PROVISIONAIS DE AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR sticky icon

Están publicadas no taboleiro de anuncios interior do centro as listaxes provisionais de admitidos e excluídos na convocatoria de axudas para adquirir libros de texto e material escolar e a participación no fondo solidario de libros de texto. O 8 de xullo publicaranse as listaxes definitivas.

A partires hoxe e ata o 8 de xullo (de 11:00 a 13:00) poderán recoller os vales no colexio. Os que non se recollan nese período, entregaranse no mes de setembro.

COMEDOR ESCOLAR CURSO 2024/2025 sticky icon

ALUMNOS:

Os alumnos que solicitaron praza para o SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR  deberán cumprimentar o impreso:

Este impreso tamén o poderán recoller nas dependencias do centro e deberá ser entregado cuberto e asinado antes do día 14 do mes de xullo.

 


 

COLABORADORES:

As nais, os pais, os/as titores/a legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2024-2025, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión, que, habilitadas para este fin, se atopan na Dirección.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 14 de xullo.

Durante o curso escolar 2024-2025 só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas.

Os pais/nais/titores legais que desexen colaborar deberán cubrir o seguinte impreso e presentalo nas dependencias do centro:

 Os impresos de solicitude tamén están dispoñibles nas dependencias do centro.

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar