Visita á base aérea de Marroxo sticky icon

O venres 12 de abril, os alumnos/as de 3º e 4º de Primaria tiveron unha saída a Doade.

Comezaron indo a un souto de Doade onde viron uns carballos milenarios.

A continuación, visitaron a base aérea de Marroxo. Alí, subiron a caseta de vixilancia. No primeiro piso, viron emisoras e uniformes antigos. No segundo piso, viron os postos forestais de vixilancia de Galicia e ensináronlles como controlaban os incendios dende a torre.
Despois, subiron o helicóptero e manipularon os botóns e falaron pola emisora. Alí tamén lle ensinaron a bolsa onde cargaban a auga para os incendios.
Por último, foron o taller, onde provaron todos os utensilios que utilizan: casco, gafas, mochila,.. e tamén lle ensinaron como apagar os incendios e que ferramentas utilizan.

Esta mesma saída, tamén a realizaron os alumnos/as de 1º e 2º de Primaria o día 26 de abril

Visita a Ourense do primeiro ciclo de Primaria sticky icon

O pasado luns, 8 de abril, o alumnado de 1º e 2º de Ed. Primaria, disfrutaron dunha saída á cidade de Ourense.

Primeiro, visitaron a sala de exposicións AfundaciónAbanca, onde coñeceron a obra do pintor Antonio Quesada, a través dunha divertida mascota (un tritón). A continuación, puxeron todo o seu talento, nun obradoiro artístico.

Por último, acudiron ao Auditorio Municipal de Ourense, a ver o espectáculo musical “Eu cociño, ti cociñas?”, onde cantaron, deron palmas e bailaron ao son de Mamá Cabra.

http://eucocinoticocinas.blogspot.com/

https://www.youtube.com/playlist?list=PLYZYAVCFKg-X2mW9Qd-r_OxTzHmdqIHgt

https://www.afundacion.org/es/coleccion/autor/quesada_porto_antonio

CONCERTO MINIMOZART sticky icon

O día 28 de marzo, os alumnos/as de 1º e 2º curso desprazáronse a Santiago de Compostela para ver a actuación da Real Filarmónica de Galicia no Auditorio de Galicia. Un concerto didáctico para escolares chamado “Mini Mozart”.

O día 29 de marzo foi o turno dos alumnos/as de 3º e 4º, que se desprazaron tamén a Santiago de Compostela para ver o mesmo concerto didáctico “Mini Mozart”

As obras, todas de Mozart, que interpretaron no concerto son as seguintes:

 

- Las bodas de Fígaro, KV. 492

https://www.youtube.com/watch?v=r6mdHexCrzk

- Serenata KV. 525 “Una pequeña serenata nocturna” (1º y 4º mov)

https://www.youtube.com/watch?v=Qb_jQBgzU-I

https://www.youtube.com/watch?v=as9K3iXY_dg

- Sinfonía nº 40, KV. 550 (1º mov)

https://www.youtube.com/watch?v=BR2jTg-AFV8

- Sinfonía nº 38 “Praga”, KV. 540 (3º mov)

https://www.youtube.com/watch?v=Y0r-THYcmHQ

- Sonata piano nº 11 en La M, KV. 331 (3º mov. Rondo alla turca, arr. orq.)

https://www.youtube.com/watch?v=e6M_JXRV2l0

- Don Giovanni, KV. 527: aria “Deh viene allafinestra”

https://www.melodlist.com/index.php?a=search&q=Don%2520Giovanni%253A%2520%25E2%2580%2598Deh%252C%2520vieni%2520alla%2520finestra%25E2%2580%2599%2520%2528%25E2%2580%2598Oh%252C%2520come%2520to%2520the%2520window%25E2%2580%2599%2529%2520%25E2%2580%2593%2520Glyndebourne

- Don Giovanni, KV. 527: aria “Madamina! Il catalogo é questo”

http://www.rfgalicia.org/es/conciertos/nuevo-concierto-didactico-mini-mozart

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2019/03/29/mozart-pequenos-filharmonia/0003_201903S29C99913.htm

https://www.youtube.com/watch?v=grCH_6dssmU

https://es.wikipedia.org/wiki/Wolfgang_Amadeus_Mozart

Visita de COGAMI sticky icon

O día 21 de marzo veu o colexio COGAMI, unha asociación que busca a sensibilización dende os máis xoves.
Cruzar as rúas “ás cegas”, manexar unha cadeira de rodas, empregar produtos de apoio,… Estas, entre outras cousas, foron as que nos ensinaron a facer, acercándonos ó día a día, das persoas con discapacidade.
Foi interesante, poder sentir e experimentar estas outras capacidades.

Semana da auga e da árbore sticky icon

O 21 de marzo é o día da árbore e o 22 de marzo é o día da auga.
Como un ano máis, e debido a importancia que teñen as árbores e a auga na nosa vida, xa que sen eles non poderiamos vivir, participamos na semana da auga e da árbore, unha actividade que ofrece a Deputación de Lugo a todos os colexios da provincia.
Esta actividade consiste en adicar unha semana especial a árbore e a auga. Así, durante toda a semana lemos un conto, para Infantil “A camiñada de Pin e Gas” e para Primaria “O poder da auga”. Estes contos están ubicados na provincia de Lugo, sinalando e poñendo especial relevancia, nos lugares ambientais máis importantes. Ademáis, mestura estes lugares con personaxes mitolóxicos e unha trama que ten que ver co que realmente traballamos esta semana.
A parte da lectura do libro levaranse a cabo varias actividades, entre a que destacamos a plantación dun bidueiro, que este ano tocoulle aos alumnos/as de 4º A. Os nomes elixidos para chamar o Bidueiro foron os seguintes:

•Bulo: 4º Ed. infantil
•Muchi: 5º Ed. infantil
•Diamante: 6º Ed. infantil
•Florido: 1º curso
•Llunior: 2º curso
•Ramitas: 3º A
•Diamante: 3º B
•Pepito, el de la granja: 4º A
•Auga: 4º B
•Neptuno: 5º A
•Caloto: 5º B
•Austin: 6º curso

Despois, do sorteo que se fixo durante a plantación, bautizouse ó bidueiro co nome de “AUGA”.

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar