You are hereSemana da auga e da árbore

Semana da auga e da árbore


By caloto - Posted on 29 Abril 2019

O 21 de marzo é o día da árbore e o 22 de marzo é o día da auga.
Como un ano máis, e debido a importancia que teñen as árbores e a auga na nosa vida, xa que sen eles non poderiamos vivir, participamos na semana da auga e da árbore, unha actividade que ofrece a Deputación de Lugo a todos os colexios da provincia.
Esta actividade consiste en adicar unha semana especial a árbore e a auga. Así, durante toda a semana lemos un conto, para Infantil “A camiñada de Pin e Gas” e para Primaria “O poder da auga”. Estes contos están ubicados na provincia de Lugo, sinalando e poñendo especial relevancia, nos lugares ambientais máis importantes. Ademáis, mestura estes lugares con personaxes mitolóxicos e unha trama que ten que ver co que realmente traballamos esta semana.
A parte da lectura do libro levaranse a cabo varias actividades, entre a que destacamos a plantación dun bidueiro, que este ano tocoulle aos alumnos/as de 4º A. Os nomes elixidos para chamar o Bidueiro foron os seguintes:

•Bulo: 4º Ed. infantil
•Muchi: 5º Ed. infantil
•Diamante: 6º Ed. infantil
•Florido: 1º curso
•Llunior: 2º curso
•Ramitas: 3º A
•Diamante: 3º B
•Pepito, el de la granja: 4º A
•Auga: 4º B
•Neptuno: 5º A
•Caloto: 5º B
•Austin: 6º curso

Despois, do sorteo que se fixo durante a plantación, bautizouse ó bidueiro co nome de “AUGA”.

Etiquetas

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar