Día do libro
Aquí temos a Martín de 2º que quixo compartir con todos nós un poema de Carballo Calero. Este profesor Ferrolán foi unha das figuras culturais máis importantes da segunda metade do século XX. Este ano será o autor homenaxeado na conmemoración das Letras Galegas.
Ánimo
Velaquí tedes a Mónica, unha das nosas alumnas que nos envía esta mensaxe de ánimo tan fermosa e artística. Moitas grazas e animádevos a participar!
Xogos tradicionais. Vídeo.
Velaquí vai a miña achega de xogos tradicionais creados na casa! Despois de ver o vídeo, lede atentamente as indicacións que hai a continuación del.
- Tendo como referencia os vídeos e enlaces da semana pasada, ou o que sabedes vós grazas ás familias, escollede unha serie de xogos tradicionais (mínimo 2 e ata os que queirades).
-Demostrade que estivestedes traballando con eles. Foto dos materiais, vídeo xogando, regramento do xogo, diario e anotacións das partidas xogadas... calquera material é valido sempre que sexa de elaboración propia. Por suposto, cantas máis cousas mellor!
-Subide as vosas achegas á aula virtual do cole, no apartado de Educación Física tedes unha ubicación adicada ós xogos tradicionais por cursos.https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipeloisarivadulla/aulavirtual/course/index.php?categoryid=9
usuario: xogos
contrasinal: tradicionais
AXUDAS ÁS FAMILIAS USUARIAS DO COMEDOR ESCOLAR
As axudas económicas previstas consisten nunha compensación do custo diario do menú por comensal, entendido como o servizo de comida ao mediodía, e polos días lectivos de suspensión da prestación do servizo como consecuencia das medidas adoptadas pola pandemia do COVID-19.
Importe das axudas
• Os que teñen a condición de gratuidade total, teñen dereito a percibir 2,50€
• Os que teñen a obriga de pagar 1€, teñen dereito a percibir 1,50€
• Para o 1º período de libramento correspóndelle 14 días lectivos
Beneficiarios das compensacións
As familias con un ou máis fillos/as escolarizados que teñan a condición de comensais gratuítos ou pagadores dun euro nas relacións de comensais correspondentes ao 31 de xaneiro de 2020.
Solicitudes. Lugar e prazo de presentación
• Presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través de formulario normalizado dispoñible no seguinte enderezo: https://sede.xunta.gal
• Poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído a Chave365
• As familias que acrediten dificultades para formalizar a solicitude por medios electrónicos, poderán solicitar a colaboración do equipo directivo do centro. Para tales casos establecese:
• Horario de colaboración de 10:30 a 14 h.
• Identificación do solicitante no número 982828133 ou correo: ceip.eloisa.rivadulla@edu.xunta.gal
• A solicitude será única por cada familia e incluirá á totalidade dos fillos/as
• O prazo será dende o día 31 de marzo ata o 6 de abril, ambos os dous incluídos
Comprobación de datos
• Identificación do solicitante DNI ou NIE da persoa representante legal do alumnado
• Condicións de beneficiarios de comedor nas bases de datos da Consellería
• Conta corrente onde realizar o ingreso
• A presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento dos datos persoais
Ø Podedes cubrir o seguinte formulario para presentar en sede electrónica ou no caso de non poder, podedes envialo cuberto ao correo do centro.
Ø As persoas que chamen para que se lles axude, deberán ter á man os datos antes mencionados.
O prazo máximo para resolver será de 10 días dende a data finalización do prazo de presentación de solicitudes. O pagamento, logo da resolución nun prazo máximo de 5 días.
Para ampliar esta información poden consultar pinchando aquí: Orde do 27 de marzo de 2020 (DOGA 30/03/2020).
Abala Móbil
Estimadas familias:
Visto que se prolonga o estado de alerta outros 15 días e que a volta á actividade lectiva é incerta, temos a necesidade de continuar de algunha maneira o proceso formativo e facer este tempo de confinamento o máis levadeiro posible para o noso alumnado. Para iso, necesitamos poder manter o contacto coas familias e que vós poidades estar en contacto con todos @s Mestr@s d@s vos@s fill@s.
Pedimos entón que descarguedes a aplicación de Abalar Móbil nos vosos móbiles, e a través desta poderemos estar en contacto diariamente e recibiredes toda a información actualizada.
Podedes seguir as indicacións que vos deixo a continuación e si tedes algún problema non dubidedes en chamar ao centro: 982828133.
Ø Si a aplicación vos di que non recoñece ese número, chamádenos para actualizalo.
A dirección
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- …
- seguinte ›
- última »