LISTAXES DEFINITIVAS - FONDO DE LIBROS sticky icon

Comunícase que están publicadas no taboleiro interior do centro as listaxes definitivas de admitidos nas axudas do Fondo solidario de libros de texto cos libros que se adxudica a cada beneficiario; tamén están publicadas as dos vales para adquisición de libros de texto e material escolar. Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre.

COMEDOR ESCOLAR - CURSO 2022/2023 sticky icon

Os alumnos que solicitan praza para o SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR  deberán cumprimentar os seguintes impresos e presentalos no  centro asinados (ata o 7 de xullo, de 10:00 a 13:00; do 1 ao 7 de setembro):

Instruccións

Simulador para calcular o prezo do comedor.

HISTORIAIS ACADÉMICOS sticky icon

Os pais/nais/titores legais dos alumnos que remataron 6º curso de E. Primaria promocionando ao instituto poden xa para pasar polas oficinas do centro (do 28 de xuño ao 7 de xullo, de 10:00 a 13:00)  e recoller os HISTORIAIS ACADÉMICOS. Os que non sexan recollidos nesas datas poderán recollerse a partir do 1 de setembro.

Estes documentos orixinais (antigamente eran os LIBROS DE ESCOLARIDADE) deberanse conservar sempre en propiedade do alumno, aportando fotocopias cando lle sexan requeridos para calquera trámite. Para a matrícula no instituto non lle deberán ser requeridos pois, segundo a normativa vixente, o centro remitiralle copias dos mesmos ao instituto correspondente previa petición deste.(Art. 14.3 da ORDE do 9 de xuño de 2016 pola que se regula a avaliación e a promoción do alumnado que cursa educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia)

COLABORADORES COMEDOR 2022/2023 sticky icon

ANUNCIO DE APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEIP PLURILINGÜE “ELOÍSA RIVADULLA”, COMO COLABORADORES VOLUNTARIOS NAS TAREFAS DE ATENCIÓN E APOIO AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2022-2023.
As nais, os pais, os/as titores/a legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2022-203, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión, que, habilitadas para este fin, se atopan na Dirección.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 8 de setembro de 2022.

Durante o curso escolar 2022-2023 só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas.

Os pais/nais/titores legais que desexen colaborar deberán cubrir o seguinte impreso e presentalo na dirección do centro:

 Todos estes impresos tamén están dispoñibles nas dependencias do centro.

LIBROS DE TEXTO - CURSO 2022/2023 sticky icon

No seguinte enlace publícase a relación de libros de texto e material didáctico que se utilizarán no centro para o vindeiro curso escolar 2022/2023.

Ata que se publiquen as listaxes definitivas de axudas concedidas para libros do fondo (3º, 4º) ou para a adquisición de libros (1º, 2º) non se deben mercar os libros de texto (se se presentou solicitude de axuda).

A partires do 27 de xuño publicarase no taboleiro de anuncios interior do centro a listaxe provisional de admitidos e excluídos na convocatoria de axudas para adquirir libros de texto e material escolar e a participación no fondo solidario de libros de texto. O 7 de xullo publicaranse as listaxes definitivas.

A partires do día 27 de xuño e ata o 7 de xullo (de 10:00 a 13:00) poderán recoller os vales no colexio solicitando cita previa no tfno. 982 82 81 33. Os que non se recollan nese período, entregaranse no mes de setembro.

Os solicitantes con axudas denegadas por erros na documentación, ou os que detecten algún erro no vale, terán 10 días desde a publicación da listaxe provisional para emendar as deficiencias ou remitir a documentación necesaria.

Os libros de texto do Fondo solidario entregaranse ao alumnado no mes de setembro, no inicio do curso escolar.

 

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar