You are hereCOLABORADORES COMEDOR 2022/2023
COLABORADORES COMEDOR 2022/2023
ANUNCIO DE APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEIP PLURILINGÜE “ELOÍSA RIVADULLA”, COMO COLABORADORES VOLUNTARIOS NAS TAREFAS DE ATENCIÓN E APOIO AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2022-2023.
As nais, os pais, os/as titores/a legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2022-203, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión, que, habilitadas para este fin, se atopan na Dirección.
O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 8 de setembro de 2022.
Durante o curso escolar 2022-2023 só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas.
Os pais/nais/titores legais que desexen colaborar deberán cubrir o seguinte impreso e presentalo na dirección do centro:
Todos estes impresos tamén están dispoñibles nas dependencias do centro.