Normalización

DALLE Á LINGUA. CURSO 23-24

11/10/2023 19:53
Europe/Madrid

Estimadas familias, dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do cole solicitamos a vosa colaboración.

Cada mes o voso fillo/a poderá traer nun papeliño un dito ou refrán que faga referencia a ese mes en concreto en galego, por exemplo no me de outubro “ En outubro a terra esterca e cobre”.

Por suposto non é obrigatorio e cada crianza poderá traer como máximo un dito ou refrán mensual.

Dependendo da idade do voso fillo/a pódese axudar en máis ou menos medida (buscando información, axudando a escribir, ou incluso escribindo os mesmos adultos se aínda non son quen de facelo) . Con todos os papeliños recibidos, cada mes escolleranse os máis populares, os máis orixinais e os máis bizarros. Todos estarán expostos nun taboleiro no corredor de entrada do colexio ata que veñan os do vindeiro (non vos preocupedes que vos iremos avisando mes a mes de cando podedes envialos).

 

No mes de OUTUBRO tedes ata o venres 20 para mandalos.

No mes de NOVEMBRO tedes ata o venres 17 para mandalos.

No mes de DECEMBRO tedes ata o xoves 14 para mandalos.

No mes de XANEIRO tedes ata o luns 22 para mandalos.

No mes de FEBREIRO tedes ata o luns 26 para mandalos.

No mes de MARZO tedes ata o venres 15 para mandalos.

No mes de ABRIL tedes ata venres 5 para mandalos.

No mes de MAIO tedes ata o luns 13 para mandalos.

No mes de XUÑO tedes ata o luns 10 para mandalos.

 

Moitas grazas pola colaboración e non olvidedes, “DARLLE Á LINGUA”, utilizando o galego.

 

Equipo de dinamización da lingua galega.

 

 

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

12/05/2023 10:26
Europe/Madrid

A vindeira semana celebrarase no centro a Semana das Letras Galegas, que homenaxea neste ano 2023 a Francisco Fernández del Riego.

Estas son as actividades programadas para a súa celebración.

 

Así mesmo, deixámosvos a continuación un enlace a páxina web da  Real Academia Galega onde pon a disposición de todo o público interesado material diverso para commemorar o Día das Letras Galegas 2023.

Premede na imaxe para acceder ao seu contido.

CREA O TEU MINILIBRO. SEMANA DAS LETRAS GALEGAS.

28/04/2023 22:42
Europe/Madrid

Comezamos coas actividades para a conmemoración da Semana das Letras Galegas no noso centro, que este ano están adicadas ao autor  Francisco Fernández del Riego. 

A continuación podedes ver as bases para a elaboración do voso Minilibro. Estamos desexando ver que creacións tan marabillosas realizades.

 

MURAL DAS LETRAS

Bo día familias:

Hoxe a rapazada leva unha tarefa para inciar as actividades da Semana das Letras. Deberán investigar sobre mulleres galegas que canten en galego. O próximo 16 de maio será Laura Romero a encargada de plasmar a decisión do alumnado, nun mural. 

Grazas a ANPA O Castiñeiro e ao Concello de Cabanas por facelo posible.

 

O GALEGO EN USA

Gabriel Rei-Doval: “O galego permite dialogar en pé de igualdade con dous mundos imperiais”

Distribuir contido