Saía ao Muíño de Tom
BO DÍA FAMILIAS!
O ALUMNADO DE INFANTIL VISITARÁ UNHA ANO MÁIS O MUÍÑO DE TOM, NA CONTORNA DO NOSO CENTRO.
TODA A INFO NO ARQUIVO ADXUNTO.
Alerta escolar
Bo día familias:
Podedes acceder a toda a información sobre o programa de alerta escolar a través do enlace desta publicación.
Claquera familia que precise solicitalo terá que presentar na Secretaría do centro a documentación referente a informes médicos do alumno/a e o modelo de solicitude.
Se tedes algunha consulta non dubidedes en preguntar.
https://061.sergas.gal/Paxinas/web.aspx?tipo=paxtxt&idLista=4&idContido=39&mi...=&idioma=ga
Ludoteca para concilia familiar o 31 de outubro
A ANPA do centropon ao servizo das familias o servizo de ludoteca o día 31 de outubro.
Máis info no arquivo adxunto.
SEMANA DE SAMAÏN
Bo día familias:
Xa temos as nosas actividades para a semana do Samaín.
Podedes velas no documento adxunto.
Un saúdo!!!
CIRCULAR COMEZO DE CURSO 22-23
ESTIMADAS FAMILIAS!
COMEZA UN CURSO NOVO CARGADO DE NOVAS ENERXÍAS.
TEDES UNHA SERIE DE DOCUMENTOS Á VOSA DISPOSICIÓN PARA REVISAR.
BENVIDAS A TODAS AO ELADIA MARIÑO!!!
Materiais curso 2022/2023
Bo día familias:
Deixamos publicado oficialmente o listado de material para o curso 22/23 así como os libros de texto para 1º, 2º e 3º de Primaria.
Será entregado no centro nos primeiros días de cole, de forma progresiva.
Moitas grazas.
COLABORADORAS/ES DE COMEDOR
BO DÍA:
DENDE HOXE TAMÉN PODEN SOLICITAR A COLABORACIÓN NO COMEDOR AS PERSOAS EX COLABORADORAS OU FAMILIARES INDIRECTOS DO ALUMNADO.
TERANSE EN CONTA AS SOLICITUDES POR ORDE DE PRESENTACIÓN.
PODEDES PRESENTALAS A TRAVÉS DO CORREO DO CENTRO OU NA SECRETARÍA EN HORARIO DE 10 A 14 ATA O 15 DE XULLO E DO 1 A O 7 DE SETEMBRO.
GRAZAS.
COLABORADORAS/ES COMEDOR CURSO 22-23
ANUNCIO DE APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CENTROCEIP PLURILINGÜE ELADIA MARIÑO, COMO COLABORADORES VOLUNTARIOS NAS TAREFAS DE ATENCIÓN E APOIO AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O curso 2022-2023.
As nais, os pais, os/as titores/a legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2022-203, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión, que, habilitadas para este fin, se atopan na Dirección.
O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto dende o 1 ata o 15 de xullo e dende o 1 de setembro ata o 8 de setembro de 2022, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 22 de decembro de 2022.
Durante o curso escolar 2022-2023 só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas.
CABANAS, 1 de XULLO de 2022
A directora do centro
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- …
- seguinte ›
- última »