Comedores escolares pertencestes ao Proxecto Alimentos da Biosfera

Estimadas familias:

O CEIP P. Eladia Mariño participa nun proxecto de alimentos da biosfera para a mellora e sostenibilidade dos alimentos cos que se traballa no comedor escolar.

Para finalizar este curso, gravarán unha serie de documentos na cociña e no comedor.

Para este fin, precisan autorización específica que enviaremos nas mochilas de todo o alumnado.

 

 

Obradoiro para familias organizado polo Concello de Cabanas

O venres 27 de maio terá lugar un obradoiro para familias en horario de tarde.

Podedes consulta toda a info no documanto adxunto.

Animádevos a participar!Guiño

Novo protocolo Covid

SeladoMAÑÁ LUNS  23 DE MAIO, ENTRARÁ EN VIGOR O NOVO PROTOCOLO COVID PARA CENTROS ESCOLARES.

PODECES ACCEDER AO DOCUMENTO NO ARQUIVO DESTA PUBLICACIÓNSelado

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO 2022/2023

Bo día familias:

Publicamos a nova orde para participar no fondo solidario de libros de texto, así como a axuda para adquirir libros de texto e material escolar para o próximo curso 2022/2023:

Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

 

Prazo de presentación de solicitudes: do 19 de maio ao 22 de xuño.

Presentación das solicitudes (preferentemente de xeito telemático):

- Na sede electrónica a través da aplicación FONDO LIBROS.

- Na sede electrónica da Xunta.

- Presencial na Secretaría do Centro: Anexo I e Anexo II

 

Deixamos tamén o extracto da Orde do 29 de abril de 2022

 

Un saúdo.

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS PARA O CURSO ESCOLAR 2022-2023

Definitivamente, foron admitidas todas as solicitudes presentadas para o curso escolar 2022-2023.

Menú de maio

GuiñoXA ESTÁ DISPOÑIBLE O MENÚ DE MAIOGuiño

VISITA AO AQUIARIUM FINISTERRAE

GuiñoA RAPAZADA DE INFANTIL VAI EXPLORAR OS MARES VISITANDO O AQUARIUM FINISTERRAEGuiño

Distribuir contido