Eventos
Podedes ver a continuación o programa de Radio Cabanas especial Letras Galegas. Que o disfrutedes!
O vindeiro 3 de xuño ábrese o periodo de solicitudes de prazas para participar nos campamentos de verán do Concello de Cabanas que, como anos anteriores, oferta 2 alternativas: o campamento urbano Cabanas Concilia e o campamento deportivo.
Ambas modalidades celebraranse durante os meses de xullo e agosto no apeadoiro do Areal e no entorno do CEIP Eladia Mariño.
O campamento urbano Cabanas Concilia está destinado a nenas e nenos en idade escolar nados desde o ano 2012 a 2020. Levaranse a cabo actividades para promover a expresión artística, ass relacións entre iguais e os hábitos saudables mediante o técncias de autocoñecemento e o xogo. Todas as actividades terán un enfoque socioeducativo, con perspectiva de xénero e serán promotoras do bo trato. Esta actuación está financiada pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e polo Ministerio de Igualdad.No campamento deportivo, orientado a nenas e nenos a partir de 7 anos, desenvolveranse actividades para iniciarse na práctica deportiva de forma lúdica e promocionar un estilo de vida saudábel, incluíndo xogos acuáticos, baloncesto, bádminton, voleibol, hóckey, béisbol, fútbol ou balonmán.
As inscricións a estes campamentos poderán ser quincenais ou de carácter mensual, cuns prezos de 40 e 65 euros, respectivamente. Poderá solicitarse máis dunha quenda, indicando cal é a de preferencia. En principio, só se adxudicará unha quenda e no caso de que haxa interese por unha segunda quenda, poderá adxudicarse tamén no caso de que haxa dispoñibilidade de praza.
A solicitude de praza farase no Rexistro Municipal, presencial ou telematicamente, cos seguintes prazos:
- 3, 4 e 5 de xuño para familias empadroadas
- 6 e 7 de xuño para familias non empadroadas con nenas e nenos matriculadas no CEIP Eladia Mariño
- 10 e 11 para familias non empadroadas.
- Solicitude de participación (arquivo para descarga está no pé desta nova)
- Copia do DNI da persoa proxenitora.
- Copia do DNI ou partida de nacemento da nena ou neno participante (ou libro de familia).
- Copia da tarxeta sanitaria da nena ou neno participante.
- Xustificante de matricula do CEIP Eladia Mariño en caso de non ter empadroamento no Concello.
- Xustificación da necesidade de conciliación no caso de habela (Vida laboral , cabeceira de nómina, xustificantes de empresa, etc.).
Publicarase a lista de solicitudes admitidas e excluídas no taboleiro de anuncios do concello e na web municipal, concedendo un prazo de 10 días para a presentación de reclamacións.
As persoas que desexen máis información poden dirixirse ao 981 495 959, na extensión 6 ou 2 para o campamento urbano Cabanas Concilia, e na extensión 3 para o campamento deportivo.
Achegamos os documentos para formalizar a matrícula de novo ingreso, para o vindeiro curso 2024-2025.
Poderán facelo dentro do prazo establecido, do 20 ao 30 de xuño, onde deberán presentar a seguinte documentación no centro escolar.
Para axilizar o traballo e que poidades ir recompilando e cumprimentado toda a documentación, deixamos a continuación un resumo cos documentos a presentar.
Podedes descargarlos premendo no documento en cuestión ou en anexos.
- Impreso de matrícula.
- Fotocopia da Tarxeta Sanitaria.
- Tres fotografías tamaño carné.
- Elección do ensino de Relixión ou Atención Educativa.
- Elección de Lingua (Inglés-Francés).
- Autorización para a publicación de imaxes.
- Autorización saídas na contorna.
- Autorización de recollida.
- Cuestionario sobre a lingua materna (so o alumnado de 4º EI, 3 anos).
- Autodeclaración para uso de comedor escolar, se é o caso (pendente de publicación para o curso 24-25).
- Elección da parada escolar, se é o caso.
- Informe médico-sanitario (segundo a lexislación, no informe médico do alumno deberá constar: que non padece enfermidade infectocontaxiosa, o seu estado inmunitario, se existen ou non deficiencias visuais e auditivas, así como, se procede, as medidas que habería que tomar no caso do que alumno/a padecese algunha enfermidade ou limitación distinta das reseñadas anteriormente).
Queremos recordar que todo aquel alumnado que o precise pode inscribirse no Plan de Alerta Escolar.
A continuación podedes ver, picando na imaxe, todo o relativo ao mesmo.
Calquera dúbida, podedes consultarnos no teléfono 981431848 ou no correo do centro ceip.eladia.marino@edu.xunta.gal
O pasado 8 de maio o alumnado de cuarto de educación primaria tivo a inmensa sorte de poder entrevistar ás mestras xubiladas, Laura Salgado (primaria), Isabel Galán (música) e Salomé Súarez (infantil) e ao mestre xubilado Andrés Seijido (educación física).
Foi una xornada estupenda onde puidemos descubrir e saber un pouquiño máis sobre a vida destes profesionais que deixaron una pegada imborrable neste cole tan cheo de vida.
Esperamos vos guste!
PODES ESCOITALO AQUÍ
Ola familias!
Despois deste curso os nosos peques teñen máis que merecido celebrar todo o seu esforzo. É por iso que dende a ANPA queremos convidarvos a unha festa de fin de curso na que contaremos con xogos populares, contacontos, merenda e foliada!
Será o próximo mércores día 19 e comezará ás 16:00, é de balde e de seguro que o pasaremos xenial!
Animádevos a compartir este fin de curso no cole, só tedes que anotarvos no correo da ANPA. Aquí vos deixamos o cartaz coa información que fixo unha colaboradora moi especial.