Eventos
Xunto coa celebración do Magosto con todas as familias, este día tamén se celebrou no colexio o Día do Peón, onde o alumnado elaborou os seus peóns e bailaretes para intercambiar logo entre o alumnado do centro e tamén co CEIP Pluringüe Mosteiro de Caaveiro, o cole do Concello da Capela.
Foi unha experiencia moi enriquecedora para todos e da que disfrutamos moito.
Xa sabedes que como di o dito: Polo San Martiño, Peóns ao camiño!
O pasado 10 de novembro poidemos desfrutar da celebración do Magosto no colexio.
Pese a que o tempo non nos permitiu facer esta celebración ao aire libre, poidemos vivir este día tan especial coas nosas familias.
Degustamos as castañas, gozamos coa actuación de "Chuches a mil" e rematamos o día facendo andar os nosos peóns e bailaretes que intercambiamos co CEIP Mosteiro de Caaveiro (A Capela).
Non podemos esquecer a presenza das Mulleres Rurais de Cabanas, que nos achegaron ao centro a súa exhibición de elaboración de bonecas e flores a partires da folla do millo, o posto de venta para a autofinanciación do Proxecto Lóva do alumnado de 5º de EP e a exposición "Enraizadas", que continuou durante uns días no centro.
Grazas aos castañeiros por ano tras ano achegarse ao centro para facernos as castañas tan sabedoras da nosa festa do Magosto.
E grazas a todas as familias que desfutáchedes deste día connosco.
Achéganse a época de Nadal, e como en anteriores anos, precisamos a vosa colaboración para poñer a árbore do centro ben bonita.
A continuación deixamos cal será o motivo decorativo deste curso.
Estes días de ponte poden ser uns días perfectos para elaborar en familia o voso adorno.
A disfrutar creando!
Este Nadal queremos aportar o noso gran de area dende o centro e queremos facelo colaborando coa ASOCIACIÓN COMETA, organización sen ánimo de lucro que dende o 2004 fai un traballo incansable polo benestar dos animais da zona de Narón e arredores. O seu obxectivo principal é protexer e cuidar aos animais que se abandoan, maltratados ou que se atopan en situación de risco.
Deixamos a continuación a forma de participar dende o centro.
Tamén vos deixamos a programación do centro para este días.
O xoves da próxima semana, como remate de trimestre, estará no noso cole A Xanela do Maxín co seu contacontos "O Apalapador e a nena sen medo": https://axaneladomaxin.com/espectaculos/o-apalpador-e-a-nena-sen-medo/
A entrada é de balde, pero cun aforo limitado, polo que as persoas interesadas podedes inscribirvos no correo: anpa.o.castineiro@gmail.com
As nenas e nenos do Eladia Mariño queren desexarvos unhas felices festas e que disfrutedes moito destes días, rodeados de familia e amigos.
Para iso, deixámosvos o noso programa especial Nadal, de Radio CABANAS, titulado "UN NADAL DE CINE" Esperamos que disfrutedes da súa escoita e visionado.
Ata xaneiro!