MAGOSTO 2023
O pasado 10 de novembro poidemos desfrutar da celebración do Magosto no colexio.
Pese a que o tempo non nos permitiu facer esta celebración ao aire libre, poidemos vivir este día tan especial coas nosas familias.
Degustamos as castañas, gozamos coa actuación de "Chuches a mil" e rematamos o día facendo andar os nosos peóns e bailaretes que intercambiamos co CEIP Mosteiro de Caaveiro (A Capela).
Non podemos esquecer a presenza das Mulleres Rurais de Cabanas, que nos achegaron ao centro a súa exhibición de elaboración de bonecas e flores a partires da folla do millo, o posto de venta para a autofinanciación do Proxecto Lóva do alumnado de 5º de EP e a exposición "Enraizadas", que continuou durante uns días no centro.
Grazas aos castañeiros por ano tras ano achegarse ao centro para facernos as castañas tan sabedoras da nosa festa do Magosto.
E grazas a todas as familias que desfutáchedes deste día connosco.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
1201.mp4 | 204.61 MB |