Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Mércores Maio 17, 2023
Start: 17/05/2023 23:44

O pasado martes 16, coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas no colexio, a artista Laura Romero, comezou a pintar as primeiras pinceladas da futura obra Mulleres Galegas Ilustradas do noso centro.

Aproveitando que vai a estar uns días elaborando esta obra, o alumando de 6º de primaria, aproveitou para realizarlle unha entrevista na nosa radio escolar, coas preguntas que todo o alumnado do centro elaborou para ela.

 

 PREME NA IMAXE PARA ESCOITAR A ENTREVISTA

 

Aquí podedes escoitar o podcast da entrevista a Laura Romero. Que o disfrutedes e aprendades moito sobre ela.

 

Tamén vos deixamos un enlace a súa páxina web, para que poidades ver as súas marabillosas obras artísticas e o seu percorrido profesional.

Estamos desexando ver o resultado final da obra no noso centro. Tamén o alumando está a facer a súa propia obra pintando un mural da autora. Seguro que queda ben bonito.

Grazas a ANPA e ao Concello de Cabanas pola súa colaboración para que este proxecto chegara ao Eladia Mariño e grazas tamén a Laura por deixarnos un ratiño do seu tempo para facerlle esta entrevista.

Domingo Maio 21, 2023
Start: 21/05/2023 23:10

Green & Tan Readers Book Lover List Informational Infographic de Laura Blanco

 

Dende o pasado sábado 20 de maio e ata o 21 de xuño, está aberto o prazo para solicitar as axudas para libros e material escolar para o vindeiro curso 2023-2024.

Recolle todo o referente a este fondo solidario a  Orde do 10 de maio de 2023 (DOG do 19 de maio)

Adxúntase nos anexos a solicitude que se debe cumplimentar para acceder a estas bolsas, xunto cun manual de preguntas frecuentes.

Calquera outra dúbida podedes consultala no centro.

 

 

Forma de presentación:

  • Electrónica: utilice a aplicación https://www.edu.xunta.gal/fondolibros e presente solicitude na Sede Electrónica  (inicie premendo no icono de botón na esquina superior dereita da pantalla)

           NOTA: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos.

  • Presencial con asistencia da aplicación : cubra os datos na aplicación https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/, imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro educativo (inicie premendo no icono de botón na esquina superior dereita da pantalla)
  • Presencial manual: utilice os Anexo I e Anexo II da Orde da convocatoria e presenteos no centro educativo

 

O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2023-2024, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2022-2023.

 

DOCUMENTACIÓN PARA A PRESENTACIÓN

A solicitude deberá estar asinada polo pai, nai, titor/a ou representante legal do alumnado, e a súa presentación implicará que acepta as bases da convocatoria, cumpre os requisitos exixidos nela e que son certos os datos indicados na solicitude; así mesmo, que se compromete a conservar en bo estado e a devolver, ao finalizar o curso, os libros de texto e o material reutilizable recibidos do fondo solidario ou adquiridos coa axuda para libros de texto.

 

Documentación que se debe entregar: 

1. SOLICITUDE: ANEXO I e ANEXO II

b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

Excepcionalmente (cando non sexa posible facelo polos medios anteriores), poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

1º. Certificado ou volante de convivencia.

2º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

Nos casos especiais, en que a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 desta orde, achegarase un certificado ou volante de convivencia en que deberán figurar o/a alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.

c) Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.

d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, cando o agresor forme parte da unidade familiar.

e) Resolución xudicial constitutiva da curatela representativa ou resolución xudicial que estableza a patria potestade prorrogada ou rehabilitada mentres non se produza a revisión desta medida.

f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

g) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor o titores carezan de DNI e NIE.

h) Outra documentación.

2. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente no centro docente ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

 

 

Luns Maio 22, 2023
Start: 22/05/2023 14:39

 

Xa tedes dispoñible o resumo de actividades que se levaron a cabo na Semana das Letras Galegas neste curso escolar.

Grazas a todo o alumnado e familias que participáchedes destas actividades.

Neste primeiro vídeo podedes ver un resumo da obra teatral realizada pola aula de 5º de educación infantil sobre a vida e obra do autor Francisco Fernández del Riego, momentos da realización do mural de Laura Romero "Mulleres Galegas Ilustradas" e entrevista na radio; por outra banda a exposición e lectura no patio dos Minilibros elaborados polo alumnado. Por último, veredes o derradeiro momento, co acto final, onde familias, rapazada e profesorado do colexio cantaron, acompañados do son de gaitas, o himno galego.

 

 

Este segundo vídeo recolle a actividade "O galego dá moito xogo", realizada nas sesións de educación física e psicomotricidade.

 

 

Por último deixamos o produto final do mural de Mulleres Galegas Ilustradas de Laura Romero, xunto cun enlace ao podcast da entrevista, que o alumnado de 6º de educación primaria lle realizou nese día, dende a nosa radio escolar "Radio Cabanas".

 

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipeladiamarino/node/689

Grazas ao Concello de Cabanas e a ANPA o Castiñeiro pola súa colaboración nestas actividades.

Dende o equipo de EDLG, deixamos un enlace ao Blogue Dálle á lingua, do Eladia Mariño, onde podedes ver un resumo das distintas actividades realizadas durante o curso escolar relacionadas co fomento do uso do galego no centro:  https://eladiadallealingua.blogspot.com/

 

Start: 22/05/2023 22:51

Podedes ver nestes dúas presentacións as actividades que se fixeron no centro nesta Semana do Libro 2023.

No primeiro deles, podedes adiviñar cal é o libro favorito de cada nena ou neno do noso colexio, e tamén, buscarvos entre as imaxes.

Grazas por tan alta participación.

 

O segundo dos vídeos,  foi elaborado polo alumnado de 4º e 6º de primaria, onde nos explican á perfección cal é o proceso de elaboración dun libro. 

De seguro, disfrutaredes moito co marabilloso traballo que fixeron.

A continuación...COMO SE FAI UN LIBRO.

Martes Maio 23, 2023
Start: 23/05/2023 21:03

As nenas e nenos do Eladia berran NON ao acoso escolar. 

Como nos recorda o rap de El Langui:

LA FUERZA DEL VALIENTE ESTÁ EN EL CORAZÓN

 

Martes Maio 30, 2023
Start: 30/05/2023 14:20

A  ANPA "O Castiñeiro" ten preparado para un mes de xuño unha morea de actividades.

Podedes velas a continuación.

 

 

Xoves Xuño 01, 2023

 

O alumnado de 3º de Educación Primaria, beneficiario de axudas no curso 2022/2023 está obrigado a devolver todos os libros comprados coa dita axuda, no centro, antes do 21 de xuño.

A non devolución dos libros é causa de exclusión do fondo solidario de libros e da convocatoria de axudas. Ademais, unha vez revisada a información das devolucións a consellería reclamará ás familias o importe da subvención concedida para este curso para todos aqueles casos nos que non conste a devolución dos libros adquiridos con cargo ao vale.

Para evitar agrupacións de persoas no centro educativo propoñemos o seguinte plan para a devolución dos libros de texto:

Na semana do 12 ao  16 de xuño o alumnado irá deixando os libros na aula, onde a titora fará un reconto dos libros devoltos. Logo do reconto, os días 20 e 21 de xuño, desde a dirección do centro poñerémonos en contacto con aquelas familias ás que lles quede algún libro por entregar.

Calquera dúbida, podedes consultar na secretaría do centro.

 

Mércores Xuño 14, 2023
Start: 14/06/2023 23:28

Dende hoxe tedes dispoñible nos seguintes enlaces o listado de material escolar e de libros de texto para o vindeiro curso 2023-2024. 

                  

 

                

 

    

Distribuir contido