Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Week of Maio 15, 2023 »
LunMarMérXovVenSábDom
15
16
Start: 16/05/2023 23:14

Por aquí deixamos un pequeno vídeo resumo da celebración da festa dos Maios 2023. Desexamos que disfrutedes del.

 

17
Start: 17/05/2023 23:44

O pasado martes 16, coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas no colexio, a artista Laura Romero, comezou a pintar as primeiras pinceladas da futura obra Mulleres Galegas Ilustradas do noso centro.

Aproveitando que vai a estar uns días elaborando esta obra, o alumando de 6º de primaria, aproveitou para realizarlle unha entrevista na nosa radio escolar, coas preguntas que todo o alumnado do centro elaborou para ela.

 

 PREME NA IMAXE PARA ESCOITAR A ENTREVISTA

 

Aquí podedes escoitar o podcast da entrevista a Laura Romero. Que o disfrutedes e aprendades moito sobre ela.

 

Tamén vos deixamos un enlace a súa páxina web, para que poidades ver as súas marabillosas obras artísticas e o seu percorrido profesional.

Estamos desexando ver o resultado final da obra no noso centro. Tamén o alumando está a facer a súa propia obra pintando un mural da autora. Seguro que queda ben bonito.

Grazas a ANPA e ao Concello de Cabanas pola súa colaboración para que este proxecto chegara ao Eladia Mariño e grazas tamén a Laura por deixarnos un ratiño do seu tempo para facerlle esta entrevista.

18
19
20
21
Start: 21/05/2023 23:10

Green & Tan Readers Book Lover List Informational Infographic de Laura Blanco

 

Dende o pasado sábado 20 de maio e ata o 21 de xuño, está aberto o prazo para solicitar as axudas para libros e material escolar para o vindeiro curso 2023-2024.

Recolle todo o referente a este fondo solidario a  Orde do 10 de maio de 2023 (DOG do 19 de maio)

Adxúntase nos anexos a solicitude que se debe cumplimentar para acceder a estas bolsas, xunto cun manual de preguntas frecuentes.

Calquera outra dúbida podedes consultala no centro.

 

 

Forma de presentación:

  • Electrónica: utilice a aplicación https://www.edu.xunta.gal/fondolibros e presente solicitude na Sede Electrónica  (inicie premendo no icono de botón na esquina superior dereita da pantalla)

           NOTA: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos.

  • Presencial con asistencia da aplicación : cubra os datos na aplicación https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/, imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro educativo (inicie premendo no icono de botón na esquina superior dereita da pantalla)
  • Presencial manual: utilice os Anexo I e Anexo II da Orde da convocatoria e presenteos no centro educativo

 

O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2023-2024, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2022-2023.

 

DOCUMENTACIÓN PARA A PRESENTACIÓN

A solicitude deberá estar asinada polo pai, nai, titor/a ou representante legal do alumnado, e a súa presentación implicará que acepta as bases da convocatoria, cumpre os requisitos exixidos nela e que son certos os datos indicados na solicitude; así mesmo, que se compromete a conservar en bo estado e a devolver, ao finalizar o curso, os libros de texto e o material reutilizable recibidos do fondo solidario ou adquiridos coa axuda para libros de texto.

 

Documentación que se debe entregar: 

1. SOLICITUDE: ANEXO I e ANEXO II

b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

Excepcionalmente (cando non sexa posible facelo polos medios anteriores), poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

1º. Certificado ou volante de convivencia.

2º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

Nos casos especiais, en que a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 desta orde, achegarase un certificado ou volante de convivencia en que deberán figurar o/a alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.

c) Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.

d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, cando o agresor forme parte da unidade familiar.

e) Resolución xudicial constitutiva da curatela representativa ou resolución xudicial que estableza a patria potestade prorrogada ou rehabilitada mentres non se produza a revisión desta medida.

f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

g) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor o titores carezan de DNI e NIE.

h) Outra documentación.

2. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente no centro docente ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

 

 

Distribuir contido