RESULTADO ENQUISA ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 24-25. ANPA O CASTIÑEIRO.

09/07/2024 12:13
Europe/Madrid

Estamos a traballar co concello, o colexio e a resta do entorno escolar en mellorar os servizos de extraescolares!!

Moitas grazas pola vosa participación na enquisa que mandamos, sen iso non sería posible.

Podedes ver as necesidades das familias neste documento. É bonito ver o semellantes e distintas que somos!! En concreto, o obxectivo é que o curso que ven haxa:

  • Apoio á conciliación de 15:30-17:30 de luns a venres en tódalas idade.
  • Máis extraescolares de interese xeral, segundo os resultados da enquisa.
  • Sentar as bases para expandir a oferta de extraescolares de calidade de cara a cursos seguintes.

Non se pode prometer nada e probablemente estes servizos teñan un coste, pero agardamos estar representándoos ben con esta labor. E posible tamén que precisemos axuda. Queremos que se cubran as necesidades básicas e despois sumar máis actividades interesantes e de calidade.

Manterémosvos ó tanto e, se tedes algunha idea (ou queixa), podedes contactar coa ANPA no 624230206.

Se queres que haxa melloras significativas, apúntate ó ANPA. A inversión de esforzo e tempo necesario é menor do que pensas.Así que pregúntate: Que máis quero mellorar?

REGULACIÓN DE E-DIXGAL E AULA VIRTUAL NAS NOFC

08/07/2024 12:31
Europe/Madrid

REXISTRO DE COMEDOR CURSO 2024/2025

Está aberto o prazo para solicitar praza no comedor escolar para o curso 2024/2025. Poderase entregar o rexistro de solicitude dende hoxe ata o 12 xullo, na secretaría do centro ou polo correo electrónico (ceip.eladia.marino@edu.xunta.gal).

De igual modo, está aberto o prazo para anotarse a ser colaborador/a no noso centro escolar. Ofértanse 10 prazas para familias, ex-colaboradoras, ou persoal externo ao centro. Teñen prioridade as familias, logo as ex-colaboradoras e por último as persoas externas ao noso cole. O prazo está aberto dende hoxe ata o 12 de xullo.

Deixamos a continuación, os rexistros do alumnado e das/os colaboradoras/es.

 

          

 

 

MATERIAL ESCOLAR E LIBROS DE TEXTO 2024-25

                        

                            

                    

 

FESTA FIN DE CURSO ANPA O CASTIÑEIRO

11/06/2024 21:50
Europe/Madrid

Ola familias!

Despois deste curso os nosos peques teñen máis que merecido celebrar todo o seu esforzo. É por iso que dende a ANPA queremos convidarvos a unha festa de fin de curso na que contaremos con xogos populares, contacontos, merenda e foliada!

Será o próximo mércores día 19 e comezará ás 16:00, é de balde e de seguro que o pasaremos xenial!

Animádevos a compartir este fin de curso no cole, só tedes que anotarvos no correo da ANPA. Aquí vos deixamos o cartaz coa información que fixo unha colaboradora moi especial.

 
Unha aperta!
 
Directiva ANPA O Castiñeiro.
 

INVITACIÓN PROXECTO COME LOCAL.

 

Os responsables do Proxecto Come Local queren convidar a toda a comunidade educativa, dos centros participantes, á súa festa de fin de curso, que será este domingo 16 de xuño en Ponteareas. 

Deixamos por aquí o Programa do Evento para que poidades ver todas as actividades e sorpresas da xornada.

Animádevos a asistir e coñecer de primeira man o Proxecto que temos no Comedor Escolar.

ENTREVISTA AOS MESTRES XUBILADOS POLO ALUMNADO DE CUARTO DE PRIMARIA

08/06/2024 19:57
Europe/Madrid

O pasado 8 de maio o alumnado de cuarto de educación primaria tivo a inmensa sorte de poder entrevistar ás mestras xubiladas, Laura Salgado (primaria), Isabel Galán (música) e Salomé Súarez (infantil) e ao mestre xubilado Andrés Seijido (educación física).

Foi una xornada estupenda onde puidemos descubrir e saber un pouquiño máis sobre a vida destes profesionais que deixaron una pegada imborrable neste cole tan cheo de vida.

Esperamos vos guste!

 

 

 

PODES ESCOITALO AQUÍ

 

 

DOCUMENTOS FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA CURSO 24-25

03/06/2024 15:35
Europe/Madrid

Achegamos os documentos para formalizar a matrícula de novo ingreso, para o vindeiro curso 2024-2025.

Poderán facelo dentro do prazo establecido, do 20 ao 30 de xuño, onde deberán presentar a seguinte documentación no centro escolar.

Para axilizar o traballo e que poidades ir recompilando e cumprimentado toda a documentación, deixamos a continuación un resumo cos documentos a presentar.

Podedes descargarlos premendo no documento en cuestión ou en anexos.

Queremos recordar que todo aquel alumnado que o precise pode inscribirse no Plan de Alerta Escolar.

A continuación podedes ver, picando na imaxe, todo o relativo ao mesmo.

Calquera dúbida, podedes consultarnos no teléfono 981431848 ou no correo do centro ceip.eladia.marino@edu.xunta.gal

ENQUISA DA ANPA O CASTIÑEIRO.

Ola!
Cres que o deseño das actividades extraescolares non está adaptado ás túas necesidades?
 
Varias familias compartiron coa ANPA as súa preocupación de que o deseño do calendario complicáballes conciliar e tamén que a oferta non era xeralmente moi diversa. O papel do ANPA é precisamente entender e trasladar as necesidades das familias do CEIP Eladia Mariño, pero para iso temos que entendelas ben. Así que fixemos unha enquisa. Podedes enchela aquí: https://forms.gle/7mVvbTedc81EZsfj7

Pensade qué necesitades e poñédeo na enquisa. Sinxelo e rápido.

Unha vez chea por tódalas familias, traballaremos para que se faga realidade. Veremos qué se logra. Como cada ano, estanse a organizar as actividades extraexcolares do curso que ven, polo que agora é o momento de falar do que precisamos.

Se queres colaborar con iniciativas coma esta para dar voz e accionabilidade ás necesidades dos nenos/as e das familias do Eladia Mariño, apúntate aquí ó ANPA: https://forms.gle/g3wMfgv8HDL2nnNc6

Distribuir contido