PUNTO LARANXA CONTRA O ACOSO E O CIBERACOSO ESCOLAR
Dende a pasada semana xa está instalado e en funcionamento o Punto Laranxa contra o acoso escolar, tanto na entrada do colexio coma na páxina web do centro.
O seu funcionamento é como o dun buzón a través do cal o alumnado ou familia pode comunicar ou denunciar, desde unha posición totalmente anónima, posibles situacións de acoso ou ciberacoso que sufra o alumnado ou perciban en terceiros.
Para xestionar este buzón, en cada centro educativo constitúese un equipo de actuación contra o acoso escolar integrado, entre outros, polo coordinador de benestar emocional e convivencia e a persoa orientadora do centro.
Deste xeito, o alumnado conta cun equipo de referencia ao que dirixirse en caso de que o precise. Ademais, no novo Protocolo educativo para a prevención, a detección e o tratamento do acoso e do ciberacoso escolar recentemente actualizado, establécese un procedemento de intervención ante os posibles casos que se coñezan por esta vía.
ACTIVIDADES 8 M. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.
LECTURA E FAMILIAS: OBRADOIRO DE LETTERING CON RICOTELIA. 7 DE MARZO.
II CONCURSO AUDIOVISUAL ANPAS GALEGAS- SOMOS RURAL.
ENTROIDO 2024
Desexamos que disfrutedes vendo o festival de entroido DE CINE, deste 2024. Grazas a todas as familias por acompañarnos nese día.
VÍDEO RESUMO ENTROIDO 2024
PAZ 2024
Podedes ver a continuación un breve resumo das actividades que se realizaron polo DÍA DA PAZ.
ESPECTÁCULO NOVOS LOBOS. CONMEMORACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA. CONCELLO DE CABANAS.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »