Publicada a resolución provisional do reparto de libros segundo a existencia de fondos no Centro para 3º,4º,5º e 6º de Educación primaria.
O día 20 de xullo sairá a listaxe definitiva.
Os libros asignaránselle e repartirásenlle ao alumnado nos primeiros días de colexio do curso 21/22.
A listaxe pódese consultar na porta de entrada do propio Centro.
Entre o día 20 e o 30 de xuño está aberto o prazo para que alumnado que solicitou praza no centro formalice a súa matrícula.
A Documentación será a seguinte: .
Impreso de formalización de matrícula. (Anexo III-1 da orde do 12 de marzo de 2013).
2fotografías tamaño carné da nena ou neno.
Cuestionario sobre a lingua materna para as familias.
Fotocopia da tarxeta sanitaria e cartilla de vacinas.
Fotocopia do DNI da nai, do pai e da alumna ou alumno (se o ten)
Certificado Médico Oficial
Chamen ao centro se precisan dalgunha aclaración. 886 15 12 41