REPARTO MÁSCARAS ALUMNADO.

   A Consellería de Cultura, Educación e Universidade vai distribuir máscaras entre o alumnado e o pasado 15 de novembro publicou os criterios e o procedementos para o reparto.
ALUMNADO QUE RECIBIRÁ MÁSCARAS.
O alumnado matriculado en educación primaria (o alumnado de Infantil non recibirá as mascaras).

  • teña unha renda per cápita igual ou inferior a 6000€.
  • estea matriculado en educación especial, teña un grao de discapacidade igual ou superior ao 65% ou estea baixo a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

QUEN TEN CONCEDIDA AS MÁSCARAS DIRECTAMENTE?.
O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022, é dicir, o alumnado ao que lle foi concedido o vale de 50 € para material escolar. Este alumnado non precisa facer solicitude para máscaras, xa as ten concedidas.
  

 Solo ten  que facer a solicitude de máscaras o Alumnado que non fixo as solicitudes de material escolar ou que as solicitou pero lle foron negadas por outra razón diferente a sobrepasar o límite de renta.(ata 6000 euros).

ENSINO NON PRESENCIAL

O 2 de novembro publicouse o Plan de ensino virtual ante a COVID-19 que, segundo a Xunta de Galicia,  permitirá continuar  co  proceso  formativo  do  alumnado  en  caso  de  corentenas  ou confinamentos derivados da actual crise sanitaria.

No documento adxunto o alumnado e as súas familias dispoñen dunha breve explicación sobre como se vai adaptar dito Plan no noso centro. É importante lelo con calma e atención para entender de que xeito se deberán seguir as clases en caso de non poder asistir ao instituto.

O ensino non presencial farase a través da aula virtual( Todo o alumnado ten xa unha clave para entrar nela) e , dende terceiro a sexto, tamén cun horario non presencial moi semellante ao que xa teñen agora na clase.

Achéganse tamén os horarios non presenciais do alumnado dende terceiro a sexto.As horas en vermello serían,en caso de confinamento, de teledocencia a través da aplicación cisco webex ( 2o minutos para a conexión, e os últimos trinta de explicación por parte do mestre).As horas marcadas en azul serían de sesión de 15 minutos.

O resto do horario será de traballo do alumnado sobre os contidos explicados.

BOLSAS NEAE 20/21

O plazo para solicitar a bolsa remata o día 30 de setembro. Ao igual que en cursos anteriores, a solicitude hai que facela no enderezo web do ministerio de educación:

 

https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=1399

 

Unha vez cuberta a solicitude hai que imprimila e presentala no colexio antes do día 30 de setembro, xunto coa documentación que se pida (copia do DNI…)

 

En calqueira caso se tedes calqueira dubida podedes acudir ao Departamento de Orientación do cole  onde tentaremos axudarvos no que sexa posible

Distribuir contido