No seguinte apartado atoparemos como procederemos no caso de atopar un abrocho causado pola COVID 19.
Ante as inquedanzas e o medo que temos e tendes moitas familias diante deste curso tan especial que vai comezar este xoves:
Achegamos algunhas pautas xerais de inicio de curso que poderían cambiar diante das circunstancias especiais polas que pasamos.
Inicio do curso: Día 10 4º/5º Infantil 1º/2º/3º Primaria.
Día 11 6º Infantil 4º/5º/6º Primaria.
Antes de chegar ao cole as familias deben facer unha autoenquisa e comprobar se o neno/a ten alguns destes síntomas: Febre, tos seca,cansanzo e dor muscular, falta de olfacto ou gusto, Diarrea.
En caso dalgún destes síntomas compatibles co covid o alumno/a non debe vir ao colexio.(Anexo I)
Ao chegar ao Centro o alumnado debe traer dúas mascarillas( unha de reposto metida nun estoxo ou similar)
O alumnado non transportado deberá aproximar a súa hora ás 10.00. As familias non entrarán no Centro, agás os máis pequeniños de 3 anos.Infantil entrará polo patio de piche.
Deberase minimizar a presenza no Centro de persoas, polo que antes de acudir pedirase cita por teléfono..
A organización Xeral do Centro será por grupos estables que socializarán entre si. Os grupos estables de Convivencia terán espazo diferenciado no Centro , e gardarán a distancia de seguridade cos outros grupos na xornada diaria.