O centro

O centro

Historia

vista

Historia   O  Colexio  Nacional  Calvar- Domaio, que así  se chamaba entón, comezou a súa andaina en setembro de 1979, con 18 mestres/as e un total de 492 alumnos/as, 101 de Preescolar e 391 de E. X. B.  chegando á cifra máxima de alumnado no Curso 81-82 cun total de 505. Máis tarde pasou a chamarse  C. P. de E.X.B.  e na actualidade C.E.I.P. Domaio. Xurde coa idea de agrupar nun só Centro as diversas escolas unitarias e o  Grupo Escolar, con instalacións e medios axeitados para unha mellora sustancial da calidade do ensino do pobo, e gracias o empeño  de veciños/as, mestres/as, ANPA…

 Características do Centro  O  C.E.I.P. Domaio está situado na parroquia do mesmo nome, no cume dun outeiro, nun privilexiado enclave con vistas á  Ría de Vigo e  a  uns 500 metros da  Ponte de  Rande.   Na actualidade o Centro conta con 3  unidades de E.Infantil e 6 de E. Primaria  atendidas por 17 mestres/as e un total de 140 alumnos/as.

Equipamento Superficie do recinto escolar. 5000 m2 Zonas axardiñadas . Patio cuberto. Pistas polideportivas, ximnasio Pavillón  Laboratorio, biblioteca, sala de recursos didácticos, aula de plástica, aula de música, aula de idiomas, aula de informática,… 

Adscrición Centro adscrito o I.E.S. “As Barxas” (Moaña).    

Powered by Drupal - Design by artinet