Matrícula
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN
PIDE CITA CHAMANDO Ó 886 110278 E VEN COÑECER O NOSO CENTRO
O prazo para a presentación de SOLICITUDE DE ADMISIÓN para aqueles nenos/as que desexen matricularse no noso centro para o vindeiro curso será de:
DO 1 ATA O 20 DE MARZO de 2024
|
Toda a documentación que precisades aparece detallada máis abaixo na "Normativa".
De tódolos xeitos, se queredes, no noso centro podedes recoller toda a información e impresos así como traer os documentos orixinais e lles faremos aquí as copias.
NORMATIVA:
• DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
https://www.edu.xunta.gal/portal/es/node/36277
• ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221108/AnuncioG0655-281022-0001_gl.html
• PRAZO PARA PRESENTAR SOLICITUDES DE ADMISIÓN dende 01 de marzo 2024 ata o 20 de marzo de 2024 As solicitudes poden presentarse vía electrónica, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, presencialmente no centro docente indicado en primeiro lugar ou en calquera dos rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
• Os impresos de solicitude ED550B e Anexo II bis serán facilitados na secretaría do centro.
Tamén poden ser descargados na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
na páxina web da Consellería de Educación http://www.edu.xunta.gal
na aplicación admisionalumnado https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/
ou na nosa páxina web: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelvidal,
• Cada solicitante presentará na secretaría do centro que pide en 1º lugar unha única solicitude, pedindo ata 6 centros por orde de preferencia, deberán alegar os criterios de admisión que pretenda que se lle valoren. Presentar solicitudes en máis dun centro determinará a perda do dereito a particiapar no procedemento nos termos previstos no artigo 8 da orde do 21 de outubro de 2022.
• Despois de presentar unha solicitude de admisión, para renunciar a ela deberá facerse expresamente, indicándoo no recadro da nova solicitude que deberá presentarse.
• A solicitude terá que estar asinada por ambas/os proxenitoras/es, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles, neste caso, será necesario presentar, xunto coa solicitude de admisión, a resolución xudicial correspondente para o seu cotexo polo centro educativo.
• A lista provisional de alumnado admitido farase pública o 25 de abril de 2024.
• A lista definitiva de alumnado admitido farase o 15 de maio de 2024.
• As persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao das publicacións das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido
• PRAZO PARA FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA dende o 20 ata o 30 de xuño de 2024. Os impresos de matrícula serán facilitados na secretaría do centro.
SE PRECISADES ALGÚN TIPO DE INFORMACIÓN NON DUBIDES EN CHAMAR: 886 110278
COÑECE O NOSO COLE!!
SE QUERES COÑECER O COLE
CONCERTA UNHA CITA: 886110278
PREMENDO AQUÍ EN DOCUMENTOS ADXUNTOS PODERÁS AMPLIAR O FOLLETO
Documentos para descargar: SOLICITUDE DE ADMISIÓN
Baixo estas liñas tedes a posibilidade de descargar o impreso ED550B "Soliditude de Admisión de alumnado en centros docentes sostenidos con fondos públicos" que debedes presentar na secretaría do centro. Por outra banda, se o desexades, no propio centro se vos facilita unha copia do mesmo.