Skip to Content

NOVAS

Concursos

XVI PREMIO DE POESÍA PARA ESCOLARES CONCELLO DE MARÍN

Reunido o Xurado Avaliador do XVI PREMIO DE POESÍA PARA ESCOLARES “CONCELLO DE MARÍN” o día 10 de maio de 2011, resultaron premiados na 1º Categoría: Educación Primaria 1º e 2º, os traballos presentados polas seguintes alumnas do noso centro:

1º Premio: Mirian Pérez del Río, co traballo titulado “Unha saída moi especial”
2º Premio: Sabela Couselo Villanueva, co traballo “A galiña da avoa”
3º Premio: Antía Carballo Vidal, co traballo “Os golfiños”

Noraboa a todas! Quen sabe...? E se temos no noso centro ao premio Nobel de literatura do ano 2050...?

PREMIADOS NO I CONCURSO DE FOTOGRAFIA CEIP CARBALLAL

EDUCACIÓN INFANTIL:
1º PREMIO: MANTIS CON FLOR  Adrián Gallego Padierna (EI 5 anos)
Accesit: PERCEBES   Uxía Rivas  Novás  (EI 3 anos)

1º CICLO DE E. PRIMARIA:
1º PREMIO: CORMORÁNS  Inés Amoedo Ortega    (2ºA)
Accesit: CARACOL EN VERDURA  Zoe Del Río Collazo  (2º A)

2º CICLO DE E. PRIMARIA:
1º PREMIO: A LIBÉLULA  Yeray Del Rio Collazo  (4º A)
Accesit: MANTIS  Sandra  Rodriguez Dopazo (4º B)

Concurso de debuxo "Imaxina un pobo sen violencia"

 

 O CIM (centro de información á muller) do Concello de Marín, co gallo do día da Non Violencia de Xénero, convocou un concurso para escolares de Ed. Infantil e Ed. Primaria co lema "Imaxina un pobo sen violencia".Despois dunha ampla participación, elixiuse como gañador da categoría B a un alumno do 1º ciclo de Ed. Primaria deste colexio, MANUEL JOSÉ ESTÉVEZ DOPAZO.

 

O premio consistirá en:

 

Colocar unha árbore no paseo das praias de Marín co nome do alumno galardoado (sen apelidos) e o nome do centro ao que pertence. Este acto terá lugar o xoves 25 de novembro ás 11:00 h na entrada do paseo das praias.

 

Nun vale por valor de 50€ canxeable na Papelería Carlin de Marín. A entrega deste vale farase o sábado 27 de novembro ás 12:00 h na Biblioteca Municipal de Marín "Vidal Pazos".

 

Neste mesmo acto se lles dará aos centros educativos de Marín o primeiro "Lazo Violeta" polo seu traballo en prol da educación en igualdade.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut