Skip to Content

NOVAS

Concurso de debuxo "Imaxina un pobo sen violencia"

 

 O CIM (centro de información á muller) do Concello de Marín, co gallo do día da Non Violencia de Xénero, convocou un concurso para escolares de Ed. Infantil e Ed. Primaria co lema "Imaxina un pobo sen violencia".Despois dunha ampla participación, elixiuse como gañador da categoría B a un alumno do 1º ciclo de Ed. Primaria deste colexio, MANUEL JOSÉ ESTÉVEZ DOPAZO.

 

O premio consistirá en:

 

Colocar unha árbore no paseo das praias de Marín co nome do alumno galardoado (sen apelidos) e o nome do centro ao que pertence. Este acto terá lugar o xoves 25 de novembro ás 11:00 h na entrada do paseo das praias.

 

Nun vale por valor de 50€ canxeable na Papelería Carlin de Marín. A entrega deste vale farase o sábado 27 de novembro ás 12:00 h na Biblioteca Municipal de Marín "Vidal Pazos".

 

Neste mesmo acto se lles dará aos centros educativos de Marín o primeiro "Lazo Violeta" polo seu traballo en prol da educación en igualdade.

 



page | by Dr. Radut