Skip to Content

Novas curso 2021-2022

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Desta volta decidimos enfocar as nosas experiencias á figura de Florencio Delgado para descubrir cousas incríbles sobre a súa obra e vida. Elaboramos xogos relacionados coa información que pescudamos e mesmo recitamos poemas, dándolle musicalidade e o noso propio toque de imaxinación. 

O ENTROIDO MÁIS PRIMITIVO

Este mes estamos a disfrutar do Entroido en todas as súas expresións. Coñecemos a través dos obradoiros de experiencias as diferentes culturas e celebracións entorno a esta festividade. Botade un vistazo aos entroidos máis diferentes e ancestrais do mundo.

Acumulamos experiencias


 

QUEN É ESE BECHO

Desta volva preparamos con 3º e 4º de primaria este conto con actividades incluidas. Un conto que nos invita a imaxinar. Fixemos un vídeo do conto musicado adaptado aos máis peques e ademáis relacionamos as maravillosas ilustracións coa nosa experiencia pasada na "Escola de Vela". Deste xeito contamos as nosas experiencias dese día co noso colage añadindo un becho diefernte cada un. 

CONTACONTOS

Outra nova experiencia. Desta volta adentrámonos no mundo da cinematografía para dar forma a este marabilloso conto titulado "Pero... ¿Qué pasa?" de David Mcneil e Tina Mercié. Na primeira parte da sesión puidemos visualizar un video sobre a cinematografía para nen@s, seguidamente organizámonos por roles para traballar os aspectos do conto. Traballamos a delamación e a musicalidade, así como a posta en escena e a iluminación. Todo un reto! Aquí podedes ver un dos fotogramas da cinta.

AS CORES

Rodeámonos de cores na estación do ano preferida polos cativos e cativas.

O BOSQUE GALEGO

Fixemos unha viaxe polo Bosque Galego. Buscamos información sobre os animais que nel habitan e a flora autóctona máis salientable. Como resultado fixemos este pequeno proxecto de bosque, a escala. Buscamos información na rede sobre as características e curiosidades da fauna e da flora e elaboramos unha serie de fichas. Completamos a nosa pequena exposición con literatura adaptada aos diferentes niveis do noso cole relacionados coa natureza (inventarios, historias, pequenos contos, etc.).

A PRIMAVERA

 

O Entroido é unha festividade na que se celebra a chegada da primavera. Despois desta celebración decidimos disfrutar de todas as cores e posibilidades que nos brinda a primavera.

Comadres e Compadres

Xoves de comadres e xoves de compadres é unha das cousas máis divertidas do entroido ourensán. Nas experiencias do entroido puidemos coñecer esta parte da tradición na que orixinariamente se tira fariña e elaboran os lardeiros e as lardeiras para sacar a correr na escola ou en calquer lugar.  Tamen afondamos nas diversas formas de vivir o entroido no resto do mundo fabricando máscaras africanas, vienesas, etc. 

Obradoiros de Entroido

Desta volta tocou festexar o Entroido. Descubrimos unha figura do entroido ourensan descoñecida por moitos, "O Charrelo" de A Veiga, situada aos pés de Pena Trevinca.

Distribuir contido


by Dr. Radut