DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Desta volta decidimos enfocar as nosas experiencias á figura de Florencio Delgado para descubrir cousas incríbles sobre a súa obra e vida. Elaboramos xogos relacionados coa información que pescudamos e mesmo recitamos poemas, dándolle musicalidade e o noso propio toque de imaxinación.