Skip to Content

Saída fin de curso 2023/2024

O venres 21 de xuño, realizamos unha saída por Muxía, fomos á praia e ao parque. Pasámolo xenial. Vémonos no vindeiro curso. Bo verán!!!

Álbum: Sen categoría -> Saída fin de curso 2023/2024

Educando con Malibú

Esta mañá visitáronnos Malibú, unha cadeliña que vive na Casa Grande de Xanceda; e a súa coidadora Adriana. Contáronnos a súa historia (foi abandonada con só un ano de vida), aprendemos cousas relacionadas co coidado dos animais e vimos que ningunha excusa xustifica o abandono dun animal. 

Álbum: Sen categoría -> Educando con Malibú

Visita á piscifactoría de Carnota (Prodemar)

O venres visitamos en Carnota a piscifactoría Prodemar, onde nos contaron as principais características do rodaballo e do lenguado, así como cousas necesarias para a súa crianza. Tamén nos deron un obsequio a todos. Pasámolo xenial. Gracias!!!

Álbum: Sen categoría -> Prodemar

Vela 2024

Neste apartado, podedes atopar fotos sobre o Mar na Escola 2024.Gracias pola vosa participación!!!

Álbum: Sen categoría -> Vela curso 2023/2024

Letras Galegas 2024

Velaquí vos deixamos algunhas imaxes do festival das Letras Galegas. Desexamos que sexan do voso agrado!!!

Álbum: Sen categoría -> Letras Galegas curso 2023/2024

Día do Libro 2024

O pasado martes 23 de abril, conmemoramos o Día do Libro. O alumnado participou na realización duns traballiños que tiveron premio. Noraboa a todos/as, fixéchedelo xenial!!!

Álbum: Sen categoría -> Día do Libro 2024

Apípolis (04/04/2024)

O pasado xoves visitamos Apípolis (Pontevedra). Aprendemos moitas cousas sobre as abellas e pasámolo xenial!!!

Álbum: Sen categoría -> Apípolis (04/04/2024)

Saída ao Castro

A Primavera… a sangre altera.

        Esta semana no CEIP de Vilarmide Eduardo Noya  (Muxía) celebramos por todo alto a chegada da Primavera.

        Tras un trimestre de duro traballo, tanto as profes como os alumn@s  esperábamos impacientes a chegada das vacacións. E que mellor forma de facelo que conmemorando tres datas importantísimas? Día Mundial dos Bosques (21 de marzo), Día Mundial da Poesía (21 de marzo) e   Día Mundial da Auga  (22 de marzo)

        Durante toda a semana o alumnado traballou sobre a importancia da auga para a vida no planeta.

        Todos os alumn@s convertéronse en Superheroes e Superheroínas ao rescate da gota estragada. Decoraron as paredes con debuxos (unha imaxe vale máis que mil palabras…) nos que se resumen as razóns de Por que temos que aforrar auga en Galicia? E nos que se dan consellos para rescatar a gota estragada  E logo eu, que podo facer? Incluso levaron unhas recomendacións caseiras e ecolóxicas para limpar os fregadoiros e os desaugues. Todas estas actividades presentarémolas ao concurso GENERACIONECO.

        Para celebrar o Día Mundial da Árbore e da Poesía (e tamén para celebrar a chegada das vacacións), retomamos unha actividade que levabamos tempo sen facer: saída á area recreativa do Castro, comer alí e gozar do noso patrimonio  paisaxístico.

Antes de subir ao autobús, os nen@s xuntáronse na biblioteca para ler poesías relacionadas coas árbores, e coa auga. Adornaron as paredes do colexio con debuxos  sobre a importancia que as árbores teñen para o medio ambiente e con algunhas frases que fan reflexionar sobre a vida. Foi unha xornada moi produtiva a nivel pedagóxico. na que os alumn@s interiorizaron a sorte de vivir onde viven e o importante que é coidar os recursos naturais aos que moitas veces non lles damos valor.

Álbum: Sen categoría -> Castro 2024

MARCELLE 2024

Aquí vos deixamos unha escolma de fotos da excursión a Marcelle realizada o pasado xoves, 14 de marzo. Desexamos que sexan do voso agrado!!!

Álbum: Sen categoría -> MARCELLE 2024
Distribuir contido


by Dr. Radut