Skip to Content

Excursión a Muxía (09/10/2023)

O pasado luns, 9 de outubro, os nenos e nenas de Educación Primaria realizaron unha saída pola vila de Muxía, durante a cal visitaron lugares destacados da mesma ou coñeceron de preto o labor dos voluntarios de Protección Civil.

Álbum: Sen categoría -> Excursión a Muxía (09/10/2023)

Abellas na escola

Neste apartado, podedes visualizar as fotos da actividade Abellas na escola, levada a cabo no colexio o pasado mércores, 4 de outubro. Aprendemos moitas cousas!!!!

Álbum: Sen categoría -> Abellas na escola

Día da Muller 2023

Nesta carpeta, podedes atopar fotos sobre a celebración do Día da Muller no colexio, ademais dun vídeo explicativo elaborado pola profe Luísa sobre a vida da nosa convidada, Carmencita. Foi un pracer enorme que compartise con nós as súas vivencias.

Álbum: Sen categoría -> Muller 2023

Talleres con María

Nesta carpeta, podedes atopar fotos dos talleres de Createctura organizados no colexio pola profe María. Pasárono xenial!!!

Álbum: Sen categoría -> Talleres María

ENTROIDO 2023

Álbum: Sen categoría -> ENTROIDO 2023

30 Xaneiro: Dia Escolar da Non Violencia e da Paz

Onte tivemos no cole unha visita moi especial: a de Suleiman Hassani, de orixe kurdo. Na súa visita contounos cousas sobre as súas vivencias na guerra e sobre a realidade do pobo kurdo. Encantounos a súa aportación e desexamos que o mundo cambie e cada día se transforme nun lugar mellor para vivir, no que o odio e a guerra non teñan cabida. 

Álbum: Sen categoría -> 30 Xaneiro: Día Escolar da Non Violencia e da Paz

NADAL 2022

Para celebrar a chegada do Nadal, celebramos unha chocolatada coas familias, preparamos unhas actuacións e, tamén nos visitou Papá Nöel. Ademais, repartimos os premios das postais do Nadal. Pasámolo xenial!!! 

Álbum: Sen categoría -> Nadal 2022

CINE EN CEE (20-12-2022)

Hoxe fomos ao cine a Cee. Que ben o pasamos!!!

Álbum: Sen categoría -> CINE EN CEE (20/12-2022)
Distribuir contido


by Dr. Radut