O venres 23 de febreiro os alumn@s de 5º e 6º EP tiveron unha xornada deportiva de convivencia cos centros da comarca, dentro do programa XOGADE, coas xornadas de bádminton.
Durante o mes de xaneiro, alumnado de 2º de E.P participou no I torneo de xadrez. Foi unha experiencia moi bonita, xa que os xogadores/as aprenderon a xogar no mes de decembro. Ademais contaron coa colaboración de nenos e nenas de 5º e 6º de E,P, que estiveron debutando como árbitros. Noraboa a todas e todos pola experiencia!
Álbum: Curso 23-24 -> XORNADAS DE ATLETISMO EN PISTA
O pasado mércores 22 de novembro, o alumnado de 4º EP participou, a través do programa XOGADE de Deporte Escolar, nas xornadas de “Xogando co atletismo”.
Celebrouse nas pistas de atletismo As Pedreiras, da cidade de Lugo, xunto con outros colexios como o de Parga, Rábade, Viveiro, Becerreá, A Fonsagrada, Palas de Rei e Sagrado Corazón e Cervantes de Lugo cidade.
Este venres, 24 de novembro, o alumnado de 2º a 6º de Primaria participou na fase local de Cross, a través do programa XOGADE, de deporte escolar.
Nesta ocasión compartimos a actividade con algúns centros educativos da comarca: CEIP Vales Villamarín de Betanzos, CEIP de Cesuras, Oza dos Ríos, Sobrado dos Monxes e o IES Francisco Aguiar.