O proceso de matrícula para o alumnado que se incorpora o próximo curso 2023-2024 en 3 anos (4º de Educación Infantil) e o resto de alumnado que se incorpora por 1ª vez ao centro será o seguinte:
- DATAS DE MATRÍCULA: DO 20 AO 30 DE XUÑO
- HORARIO DE PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN:
Días 20 e 21 de xuño: horario habitual de secretaría (ver horarios centro)
Días do 22 ao 30 de xuño: de 10.00 a 12.00
- DOCUMENTOS A PRESENTAR:
1. Impreso de formalización de matrícula.
2. Autorización uso de imaxe e saídas.
4. Dúas fotografías tamaño carnet.
5. Fotocopia da tarxeta sanitaria.
6. Informe médico-sanitario.
7. Fotocopia do libro de familia.
Podedes descargar os documentos ou pasar polo centro en horario de secretaría para recollelos.
O alumnado que xa está matriculado non debe facer ningún trámite excepto cando se abra o prazo para solicitar praza de comedor ou para solicitar axuda de fondo libros (para Primaria).