Segundo a Resolución do 20 de setembro de 2021 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, infórmase sobre o proceso electoral para a renovación parcial dos membros do CONSELLO ESCOLAR correspondente a este curso 2021-22.
Polo tanto, o noso centro educativo elixirá a:
- 5 mestres/as
- 1 PAS (persoal administración e servizos)
- 2 nais/pais, así coma suplentes para cada posto.
Deste xeito o Consello Escolar manterá a representatividade que lle corresponde a cada sector da Comunidade Educativa .
Dende a dirección do centro queremos animarvos a PRESENTAR AS VOSAS CANDIDATURAS aos postos que se renovan, e por suposto, a votar aos que se presenten no sector do que formades parte (as datas para cada fase do proceso serán establecidas pola XUNTA ELECTORAL). Este proceso se iniciará coas seguintes actuacións:
Pinchade na imaxe para ampliar
Unha vez constituída a Xunta Electoral recibiredes mais información sobre os aspectos e datas concretas a ter en conta no desenvolvemento deste proceso.