Skip to Content

COMUNICADO PARA AS FAMILIAS

Estimadas familias: dende o C.E.I.P de Teixeiro queremos comunicarvos que todo o Claustro, Equipo Directivo e Equipo Covid estamos traballando para que a volta ás aulas dos nosos nenos e nenas sexa o máis segura posible. Estamos adaptando centro, recursos materiais e humanos para facelo o mellor posible. En canto os documentos xa temos listo o Protocolo de Prevención, Plan de Continxencia e Plan de Acollida. Xa o puxemos en común no Claustro. Estamos pendentes de que o día 7 saquen as instruccións definitivas para poder aprobalo definitivamente no Claustro e Consello. Nesta páxina estara posto toda a información sobre os mesmos: protocolos, resumes, carteis informativos....

Entre os días 7 e 9 deste mes, cada titor/a, vai enviar por correo electrónico toda a información  relativa o centro e a aula de como vai ser este curso así: normas novas, instruccións claras, lista de material e poder responder a todas as vosas dúbidas e axudarvos no que poidamos.

Esta situación é nova e moi difícil para todos e todas, esperamos a vosa confianza e paciencia e se algo necesitades ou queredes aportar xa estamos no Centro en horario de 9:30 a 14:30 h para poder atender a vosa chamada ou correo electrónico. 

Se necesitades vir ó Centro, chamade para pedir cita por favor.

Un abrazo para todos e todas.



page | by Dr. Radut