Estimadas familias:
A partir desta semana deberedes de adxuntar algunha das actividades programadas aos correos electrónicos d@s titoras/es e especialistas que vos especificarán nas devanditas programacións.
A continuación, especifícanse os pasos para adxuntar un ficheiro, neste caso unha foto das actividades/pdf..., ao correo electrónico:
- Abre a aplicación de correo electrónico.
- Escribe o correo electrónico do destinatario en “Para:”
- Pon un Título en “Asunto":
- Redacta unha mensaxe nova
- Pulsa o botón "Adjuntar"
- Atopa as fotos/arquivos que queiras adxuntar.
- Selecciona as fotos que queiras adxuntar.
- Remata de redactar a túa mensaxe.
- Envía a mensaxe.
Aínda así, se tedes dificultades, poñédevos en contacto coa vos@ titor/a.
Un saúdo,
O equipo docente.
AS ACTIVIDADES TELEMÁTICAS E O NOVO RETO ESTÁN XA NA MARXEN DEREITA DA PÁXINA. ESTA SEMANA CELÉBRASE O "DÍA DO LIBRO" O NOVO RETO VAI DIRIXIDO A ESTA CELEBRACIÓN.