A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional citou as seguintes instruccións, con relación á segunda avaliación:
1. A efectos de dar continuidade no calendario escolar, os centros educativos procederán a formalizar o peche da avaliación do segundo trimestre. Cada centro, dentro da súa autonomía pedagóxica e de xestión, disporá as medidas precisas para a súa formalización, na medida do posible, antes do 3 de abril.
2. Non serán avaliables as actividades relacionadas cos contidos curriculares realizadas polo alumnado con posterioridade á data de declaración do estado de alarma. En consecuencia, aqueles centros que non teñan formalizado o peche da avaliación do segundo trimestre procederán a formalizalo co traballo desenvolvido ata dita data.
NOTA: As familias que non teñades descargada a aplicación Abalar Móbil (máis información) deberedes facelo, xa que o venres, día 3, a partir das 12.00H podedes consultar as notas das vosas fillas e fillos.
Un saúdo.
O equipo directivo.