Queridas familias:
Durante este mes de novembro retomamos da man da ANPA as actividades formativas destinadas ás familias. As sesións van ter lugar na Abadía de Loureza e estarán abertas a todas as familias que desexen asistir, pertenzan ou non a ANPA. Para facilitar a conciliación van contar cun servizo de canguro. Apoiade a iniciativa coa vosa presenza e animádevos a participar, os temas propostos son realmente interesantes.