COVID19

A Xunta suspende as clases desde este luns e durante catorce días

in

Queridas familias:

A falta dunha comunicación oficial da Consellería trasmitimos a información dada na rolda de prensa do presidente da Xunta: 

"Desde o luns día 16 de marzo todos os centros educativos galegos permanecerán pechados en todos os niveis educativos durante catorce días. A Xunta de Galicia tomou esta decisión como medida preventiva fronte ao avance do coronavirus. Mañá venres, as familias terán nas súas mans a decisión de enviar ou non aos seus fillos e fillas a garderías, colexios, institutos e universidades. O goberno autonómico entende que necesitan unha marxe para poder organizarse. É dicir, o venres os centros educativos permanecerán abertos aínda que se recomenda que as crianzas queden na casa na medida do posible." 

 QUEDA   APRAZADA   A   PLANTACIÓN   DE   MAÑÁ

 

Crianzas e coronavirus

Pinchade nas imaxes para agrandalas.

 

 

 

Distribuir contido