CONTINUACIÓN DO CUESTIONARIO QUE XA TES NA LIBRETA
Vas traballar coa páxina 31 do libro de natureza:
1º Le o título e observa as imaxes para ter unha idea do tema do que vai tratar o texto.
2º Comproba se o texto ten apartados e cal é o tema que trata cada un.
3º Le a lectura en silencio dúas ou tres veces para ir quedando coa idea xeral e subliña cun lapis as palabras que non coñeces.
4º Busca as palabras que non coñeces neste dicionario:
https://academia.gal/dicionario
5º Colle a libreta, pon a data do día, deixa un espazo e copia o nome do cuestionario.
6º Copia as palabras que buscaches no dicionario na libreta xunto co seu significado.
7º Pídelle a outra persoa que te escoite mentres les o texto en voz alta e que che faga preguntas despois.
8º Pincha neste enlace para ver os vídeo:
https://www.youtube.com/watch?v=NsaZY1mRZ7M
9º Abre o arquivo adxunto que ten o cuestionario e que está un pouco máis abaixo.
10º Vai copiando os enunciados na libreta e vai contestando as preguntas consultando o libro se o precisas.
11º Cando remates abre o outro arquivo adxunto coas solucions e utilízaas para corrixir o teu cuestionario.