Natureza 4

Natureza 4º: Sentimos cousas e reaccionamos (P64-P65)

 

Comezamos un tema novo polo que tes antes de nada que facerlle unha portada na libreta.

 

Hoxe vas traballar coas páxinas 64 e 65 do libro de natureza:

 

1º Le o título e observa as imaxes para ter unha idea do tema do que vai tratar o texto.

2º Comproba se o texto ten apartados e cal é o tema que trata cada un.

3º Le a lectura en silencio dúas ou tres veces para ir quedando coa idea xeral e subliña cun lapis as palabras que non coñeces.

4º Busca as palabras que non coñeces neste dicionario: 

https://academia.gal/dicionario

5º Colle a libreta, pon a data do día, deixa un espazo e copia o nome do cuestionario.

6º Copia as palabras que buscaches no dicionario na libreta xunto co seu significado.

7º Pídelle a outra persoa que te escoite mentres les o texto en voz alta e que che faga preguntas despois.

8º Pincha neste enlace para ver o vídeo:

https://www.youtube.com/watch?v=qoEe888EJFk 

9º Abre o arquivo adxunto que ten o cuestionario e que está un pouco máis abaixo.

10º Vai copiando os enunciados na libreta e vai contestando as preguntas consultando o libro se o precisas.

11º Cando remates abre o outro arquivo adxunto coas solucions e utilízaas para corrixir o teu cuestionario.

Distribuir contido