Cociñando xunt@s

Fideos con zamburiñas

INGREDIENTES:

1 bolsa de carne de zamburiña conxelada
1 cebola
2 dentes de allo
1/2 pemento vermello
2 tomates pelados, sen pebidas e cortados en dados
Caldo de peixe
Fide
os
1 sobre de azafrán
1 vaso de viño branco
Aceite, sal

 

ELABORACIÓN:

En primeiro lugar facemos un rustrido co allo, a cebola, o pemento e o tomate todo ben picadiño.
Engadimos as zamburiñas e regamos co vaso de viño.

Botamos o sobre de azafrán e deixamos que o alcohol evapore. Entón engadimos os fideos e o caldo quente, en cantidade abondo para que se faga a pasta.
Deixamos facer ata que os fideos estean ao gusto.

Servimos cun pouquiño de perexil espolvoreado.

Brochetas de verduras

INGREDIENTES

  1 cabaciña   1 cebola    1 bandexa de champiñóns   

  1 bandexa de tomates cherri

  1 pemento vermello    1 pemento verde    Un pouquiño de mostaza   

  Un pouquiño de ourego    Un pouquiño de perixel    1 dente de allo

  Aceite de oliva    Zume de 1/2 limón

 

RECEITA

Partir a cabaciña, os champiñóns, a cebola e os pementos en anacos pequenos para despois poder pinchalos no pau das brochetas. Botarlles por enriba o zume de limón.

Facer un mollo coa mostaza, o ourego, o perixel e o allo machacado. Engadir aceite ata que a mixtura estea líquida.

Macerar as verduras no mollo polo menos durante unha hora.

Pinchar os anacos no pau. O primeiro e o último teñen que ser os pementos.

Meter no forno a 180º durante 20' e servir.

 

Pita de verduras

Pincha na imaxe.

Granizado de sandía

- 400 gr de sandía

- 1/2 Limón

Bater todo xunto e meter a mistura no conxelador. Remexer cada hora.

 

 

Paté de berenxena

INGREDIENTES

- 1 berenxena grande ou 2 medianas
- 1 cebola pequena
- 2 ou 3 dentes de allo
- 2 culleradas de tahin (opcional)
- O zume de 1/2 limón
- 4 culleradas aceite de oliva
- 1 pouco de perexil
- 1 cullerada de comiño moído
- Sal e pementa

Pelamos e cortamos a cebola. Lavamos as berenxenas e cortámolas en anaquiños (canto máis pequenos piquemos os ingredientes antes se fará o paté).

Poñemos a quentar o aceite nunha tixola e fritimos a cebola e a berenxena. Imos removendo para que non se peguen ao fondo.

Cando estea todo ben pochado pasámolo a un recipiente para o batedor e batémolo todo xunto co resto de ingredientes: o allo e o perexil picados, o zume de limón, o comiño, o sal e a pementa.

Podemos servilo para untar xunto con pan tostado ou pan de pita.

Ensalada de mango

INGREDIENTES

- Unha leituga mediana cortada en tiras.
- Un mango cortado en cadrados.
- Medio pemento vermello cortado en cadrados.
- Unha cenoria pequena relada.
- Media remolacha relada.
- Follas frescas de coandro picadas ou enteiras.
- Unha presa de sementes de sésamo.

   

MOLLO (Mesturar cun batedor)

- 80 gr de cacahuetes.
- Zume de medio limón.
- Medio dente de allo.
- Un pouquiño de sal.
- 5 culleradas de auga.
- 2 culleradas de aceite.
- Un pouco de xenxibre relado.

Distribuir contido