É a nosa primeira actividade
Voz Natura deste curso e nótase ben
que estamos desexando empezar,
estamos no 2ºCiclo
pero xa somos xente experimentada nestas tarefas...
Mentres a profe lles vai facendo uns buratiños
ás botellas de plástico que trouxemos da casa
nós deseñamos e coloreamos
etiquetas adhesivas cos nosos nomes.
O reparto das ferramentas de traballo
sempre é algo emocionante
sobre todo cando a profe pregunta
se estamos preparad@s e ben equipad@s.
Aquí estamos nunha das mesas de traballo da Área da Natureza,
e a profe está explicando como aproveitar a terra
dos recipientes que utilizamos o curso pasado
xa que o chan está ainda moi mollado e duro.
Despois de encher as botellas ben
traballamos un pouco a terra
para que despois sexa máis facil
enterrar as sementes.
Poñemos a ferramenta a secar
sobre uns xornais e imos sementando un por un
a landra ou castaña que trouxemos da casa
A profe comenta que o próximo ano
podemos probar con sementes distintas.
É importante que queden ben tapadas pola terra
e que se vemos que o recipiente ten pouca humidade
engadirlle de cando en vez auga na bandexa,
para que as plantiñas podan tomar a auga que necesiten
polos buratos que lle fixo a profe ás botellas.
Aquí lles estamos poñendo as etiquetas cos nosos nomes
antes de poñer a bandexa ao lado da ventá
para que non lles falte a luz do sol
que precisan para medrar moito.