Un adeus con tristura para tod@s

in

Ainda que hai quen di que era un canal que tiña un público escollido no fondo non é verdade, era un canal de referencia para estar ao día, escoitar entrevistas feitas con profesionalidade ou debates nos que non se lle faltaba ao respecto a ninguén.

O galego axuda a comprender outras linguas

in

Neste video traballan xuntos un cociñeiro galego e outro italiano sen mudar nunca de lingua e  é curioso a cantidade de palabras que son case iguais.

 

 

Bo Nadal - Feliz Navidad - Merry Christmas

in

 

Queremos mandarvos  xunto con esta felicitación de Nadal
o desexo de que os Reis Magos vos traian todo o que lles pedíchedes,
tanto aos que se portaron moi ben, moi ben, moi ben
como @s que teñen proposito da enmenda para o próximo ano.

Unha aperta moi forte

@s nen@s e @s mestres do CEIP Refoxos

Libros na basura

Jose Alberto Gutierrez é un recolector de basura bogotano que alimenta - a través do seu traballo diario - o grande labor da súa vida: crear unha biblioteca con libros que atopa na basura.

Children See Children Do: @s nen@s o ven @s nen@s o fan

Os adultos somos os espellos nos que os nosos pequenos e pequenas se miran mentres medran para convertirse en homes e mulleres no futuro, de nós depende darlles un bo modelo ao que imitar.

Este anuncio é parte dunha campaña de sensibilización emitida nas televisións australianas hai uns anos e que pola súa claridade deu varias veces a volta ao mundo.

 

 

Compartir Cultura na rede?

Neste momento hai un debate moi acendido sobre a legalidade ou ilegalidade de compartir contidos a traves da rede. Estos son dous puntos de vista distintos sobre o tema:

 

Por unha banda o profesor Enrique Dans deixa clara a súa posición a favor da liberdade para compartir.

http://www.enriquedans.com/2010/12/vuelven-las-mismas-mentiras.html

 

Por outra o presidente da Sociedade de Autores e Editores (SGAE) Eduardo Bautista defende os dereitos de autor

http://www.sgae.es/portal/es/sgae/noticia_sgae/ctnt/dD17/_/_/1e50c/luchar-por-nuestros-derechos.html

 

 

Felicitacións de Nadal Personalizables

Podedes elixir a que máis vos guste, pensar palabras fermosas e non dubidedes en enviarllas aos que están lonxe, pero tamén a esas persoas que vedes todos os días para dicirlles algo especial.

http://www.coordinadoraendl.org/nadal2010/#a

http://www.postaisengalego.com/gl/

Entrevistas Persoais e Entrega de Boletíns

in
21/12/2010 00:00
21/12/2010 14:00
Etc/GMT+1

A entrega de boletíns será este mércores día 22 entre ás 09,00 a 14,00 horas e como todos os anos os autobuses estarán a disposición d@s nais/pais que os precisen.


Por outra banda lembrámosvos que as clases se reanudarán o luns 10 de xaneiro.

Galicia Encantada: Noiteboa e Nadal

"Galicia Encantada" é a enciclopedia da Fantasía Popular de Galicia, e nela teñen cabida todas as lendas, mitos, romances e contos herdados dos avós. Mil e un personaxes agardando contar a súa historia están agochados entre as súas páxinas... se vos atrae o mundo da imaxinación ou queredes contribuir con algunha lenda da vosa zona... non o pensedes dúas veces esta é a vosa web.

Neste caso póñovos o enlace cunha entrevista feita na Radio Galega na que a locutora Cristina Lombao e Antonio Reigosa charlan sobre as tradicións galegas de NOITEBOA e NADAL.

Pinchade sobre a imaxe e despois no botón verde.

Distribuir contido