Voluntariado biblioteca

Queridas familias:

Moitísimas grazas a todas as nais que nos acompañáchedes na xuntanza de formación e coordinación do voluntariado de biblioteca.

Somos conscientes de que moitas persoas non puidéchedes asistir debido a todas esas responsabilidades que asumides día a día e que son prioritarias. Por iso, queremos abrirvos unha porta de participación a través de Internet.

Aínda que sabemos que atravesamos tempos complicados a causa da COVID, un dos temas dos que falamos foi a recollida de ideas para organizar actividades que impliquen a todos os membros das familias e non soamente ás crianzas. Fixemos unha pequena listaxe, pero seguro que coa vosa axuda poderemos mellorala.

Se tedes algunha proposta que credes que podería ser interesante non o pensedes dúas veces e  enviádenola a:

ceip.refoxos@edu.xunta.gal 

 

Grazas de novo por todo o que facedes cada día para apoiar ao colexio.

Un saúdo

 

A dirección e o Claustro

Patios vivos

Álbum: Curso 21-22 -> Patios Vivos

Repunte de contaxios COVID

Queridas familias:

Como xa sabedes, o índice de contaxios COVID está subindo nas últimas semanas e desde o colexio queremos lembrarvos o importante que é seguir realizando a autoenquisa en familia todas as mañás. As persoas adultas contamos tamén con este autotest que nos facilita o SERGAS. 

En caso de que algunha crianza presente algún síntoma compatible coa COVID o procedemento será comunicalo ao centro e poñerse en contacto co/a pediatra o antes posible. Tede en conta que as crianzas non se poderán reincorporar ás aulas se non contan con autorización médica.

Un saúdo

A dirección

Primeira xuntanza do "Comando Verde"

Álbum: Curso 21-22 -> Comando Verde

O meu lugar favorito do mundo

Álbum: Curso 21-22 -> O meu lugar favorito do mundo
Distribuir contido