Responder ó comentario

Estudios publicados na revista ‘Science’: Ser bilingüe aos cinco anos axuda a pensar mellor

  • Ao aprender outras linguas créanse vías neuronais que motivan a aprendizaxe
  • Coñecer dous idiomas desenrola a capacidade para razoar máis rápido

Varias investigacións recentes aseguran que adquirir un segundo idioma antes de cumprir os cinco anos non so facilita a súa aprendizaxe, senón que tamén mellora o rendemento do cerebro. A recompilación destes estudios aparece na revista Science.

http://www.sciencemag.org/content/330/6002/332.summary

Se os nenos e nenas aprenden outro idioma mentres coñecen letras e números, o seu desenrolo cerebral será mellor.

Jared Diamond, da Universidade de California nos Ánxeles, asegura que, ao contrario do que se cría, aprender aos nenos e nenas pequenos máis dun idioma non os confunde, senón que “da vantaxes que poden servir toda a vida”.   

Cando se aprende un idioma utilízase unha parte do cerebro que non só recoñece as palabras, senón tamén os seus sons, os olores asociados con elas e as súas imaxes.  

“Para concentrarnos nalgo temos que bloquear o 99% deses estímulos e concentrarnos no 1% restante, o relacionado co obxecto”, cita o artigo.  

“Ese proceso de selección reside na cortiza prefrontal e se desenrola antes dos cinco anos de vida”, engade o documento.   

 

 

Este traballo involucra habilidades administrativas que son máis fáciles para quen é bilingüe.

“A xente que fala un idioma recorre só a un ‘compartimento’ de información para entender o que ve, en cambio os bilingües necesitan buscar en dúas zonas distintas, cada unha correspondente a un idioma”, di Diamond.

“Isto fai aos cerebros bilingües máis hábiles para tomar decisións, para adaptarse a novas regras e para aprender”, engadiu.

Lorena Pizarro, neuróloga infantil, explica que calquera estímulo durante a etapa de maior plasticidade neuronal do cerebro fai que este se modifique “creando redes neuronais de mellor calidade”. Esa etapa de ouro vívese antes dos cinco anos. Ao aprender distintos idiomas “úsanse distintas vías neuronais, o mesmo pasa ao aprender a tocar un instrumento ou ao ler partituras de música”.

“Cada idioma se internaliza de maneira distinta. Ademais de ter sons diferenciados entre eles, hai algúns onde un mesmo son ten máis dun significado”, di.

Cada traballo produce novas conexións no cerebro “ás que se poderá botar man no futuro para outras cousas”, indica Pizarro.

Diamond conta que os bebés “aprenden a discriminar os sons das distintas linguaxes. Se un neno ou nena escoita soamente xaponés perde a capacidade de distinguir as consonantes ‘l’ e ‘r’ utilizadas no inglés”.

Pizarro opina que non basta con aprender aos nenos unhas poucas palabras noutro idioma.

 “A aprendizaxe debe ser sistemática para que permaneza no tempo”, comentou.

 

Retardar o alzhéimer

Cando se fala máis dun idioma, o cerebro traballa constantemente o dobre. Por esa actividade duplicada, a cabeza está por máis tempo en forma e podería aprazar a aparición de signos do alzhéimer, segundo un estudio canadiense.

O neurólogo Patricio Fontes explica que a densidade de conexións neuronais pode estimularse de diversas formas.

“A activación mental exercítase con actividades como aprender outro idioma ou adquirir habilidades coa computadora”, di.

As persoas bilingües poderían ter cerebros mellor preparados para enfrontar esa enfermidade, pero no están exentos de padecela, asegura.

Lorena Guzmán H. El Mercurio de Chile / GDACopyright © Grupo de Diarios América-GDA/El Mercurio/Chile. Todos los derechos reservados.

Responder

CAPTCHA
Esta pregunta é para comprobar que vostede é unha persoa e prever o envío automático de lixo.
Imaxe CAPTCHA
Introduza os caracteres amosados na imaxe.