Responder ó comentario

Safari fotográfico polo colexio

Hai unhas semanas a profe Nuria levounos a sacar fotos por todo o colexio visitamos todos os recunchos ou case, velaquí o resultado.

 

BENVID@S AO COLEXIO DE REFOXOS

 

 

Aula de 1ºCiclo (a nosa aula)

Aquí estudiamos moito. Aprendemos matemáticas, galego, coñecemento...

O noso profe chámase Mario.

 

 

Infobiblioteca

Na biblioteca lemos libros con debuxos e textos longos. Algunhas veces na portada aparece o protagonista.

Os xoves podemos levalos para ler na casa.

 

Todos os mércores imos á Infobiblio a aprender a manexar os ordenadores. 

Tamén traballamos coa pizarra dixital e ás veces vemos vídeos e películas.

 

 

Aula de Apoio

Aquí aprendemos a falar ben pronunciando todas as palabras correctamente. Diante do espello

tentamos tocar o nariz coa punta da lingua.

 

 

Aula de Música

Na aula de música aprendemos a tocar instrumentos, as notas, a clave de sol

e xogamos ás estatuas os venres. As libretas teñen pentagramas. O profe chámase Rubén.

 

 

Despacho

No despacho a directora Nuria escribe notas para informar ás nosas familias

sobre excursións, xuntanzas, festivais, entrega dos boletíns de notas...

Cando ven a carteira deixa o correo enriba da mesa.

Os mércores Ana a orientadora tamén traballa aquí.

 

 

Ximnasio

No ximnasio ás veces facemos circuitos , escalmos polas espaldeiras , xogamos á memoria

do elefante e do mosquito con conos de cores e tamén facemos torres

coas colchonetas para derrubalas despois.

 

 

Patio

Aquí xogamos nos bambáns, no areeiro e ás agochadas.

Tamén xogamos ao futbol na pista e cando poñan a rede poderemos xogar ao voleibol.

Pola parte de abaixo da pista temos unha poza con ras na Área da Natureza

Responder

CAPTCHA
Esta pregunta é para comprobar que vostede é unha persoa e prever o envío automático de lixo.
Imaxe CAPTCHA
Introduza os caracteres amosados na imaxe.