Skip to Content

Iniciar sesión

TODO

GAÑADORES AUTONÓMICOS DO CONCURSO "FAINO VERDE" DE LEROY MERLÍN !!

 Esta semana temos unha boa nova para o noso cole!

 Somos os gañadores da nosa comunidade autónoma do concurso “FAINO VERDE”!!!

 Este concurso, organizado por LEROY MERLÍN, consistía en presentar un traballo de Plástica que fomentara a redución do uso de plásticos para coidar o noso planeta.

 Presentamos catro traballos (3º, 4º, 5º e 6º de Ed.Primaria), sendo premiado na Categoría A o que presentaron os nenos e nenas de 3º E.P. a partires do lema e a pancarta que fixeron os nenos e nenas de 3º e 4º de Ed. Primaria para o proxecto de centro deste ano.

 Representaremos a Galicia na fase estatal!  Bravo!!!

 Estes son os traballiños presentados:

 

 TRABALLO PREMIADO

 

PODES IR Á PÁXINA DO CONCURSO SE PREMES NO ENLACE

https://www.hazloverde.es/ganadores-concurso-escolar/?t=finalistas&c=5

 

E COMEZAMOS UN NOVO ANO !

      Benvido 2019!

                  

                                                                 "Amencer"

                        Imos comezar o ano disfrutando dunha fermosa fotografía.

      Recoñecedes este lugar? Pois si: é a paisaxe que vemos dende o noso centro. Poucos coles teñen a sorte de disfrutar da Natureza coma nós e de ver un amencer tan fermoso, así que collín a cámara e... CLICK! adícovola a todos vós. Non esquezades que a Beleza está por todas partes, soamente hai que fixarse ben...

       Aquí vos deixo o meu correo por se vos animades a enviarme unha foto dun lugar, persoa, animal, cousa... que vos pareza fermosa. Logo colgareinas no blog para compartilas con todos. Tedes ata o 15 de febreiro para enviala!  Participade! 

                           mestranerea@gmail.com   (Lembrade pór o voso nome e un título para a foto).

       Tamén desexo compartir esta interesante frase con todos vós:

"A Arte fermosa é aquela na que a man, a cabeza e o corazón marchan xuntos."

John Ruskin (1819-1900) Se queres saber quen foi, preme no seu nome

        Xa me contaredes se estades dacordo!

                                                                                 

 

A PRIMEIRA CAMELIA.

Hoxe atopámonos coa primeira flor do camelio co que nos agasallaron por participar no concurso de debuxo da III Mostra da Camelia Cidade de Tui.

Perfecta e fermosa. Benvida ao noso cole!

MEDRAR EN IGUALDADE.

Co gallo do Día Internacional da Muller realizamos un mural no que escribimos unha fermosa frase. Así é como o sentimos no noso colexio "QUEREMOS MEDRAR EN IGUALDADE".

   

UN GALOP ACUARELADO.

    Como vedes, xa temos listos os salvamanteis da clase de 4º E.P.!!

    Empregamos pinturas acuarelables, que non son outra cousa que lapis de madeira cuxa pintura é acuarela. Coloreamos e logo pasámoslle un pincel con auga, todo un invento!

    A música é un GALOP, que é música rápida, dinámica, que imita o galope dos cabalos.

    Este en concreto é o GALOP final da Obertura da ópera "Guillermo Tell" do compositor G. ROSSINI. É doado imaxinar aos cabalos a todo correr co ritmo desta música!

 

O teu navegador non soporta este vídeo.

 

GAÑADORES!

    Parabéns a Duarte e a Nico de 2º E.P. !!

    Foron dous dos gañadores do Concurso de debuxo da III Mostra da Camelia Cidade de Tui 2018. 

Alumnado premiado na III Mostra da Camelia cidade de Tui, 2018

SALVAMANTEIS CON PUNTILLISMO EN PRIMEIRO.

    Xa rematamos os salvamanteis da aula de Plástica! Desta maneira poderemos traballar cómodamente sen estragar os manteis novos.

    Falamos da importancia dos puntos e das cores na asignatura de Plástica e... este é o resultado: Flores e flores con puntillismo!

 

 

 

SALVAMANTEIS CON PUNTILLISMO EN SEGUNDO.

Xa rematamos os salvamanteis da aula de Plástica! Desta maneira poderemos traballar cómodamente sen estragar os manteis novos.

Falamos da importancia dos puntos e das cores na asignatura de Plástica e... este é o resultado: Flores e flores con puntillismo!

       

O teu navegador non soporta este vídeo.

 

ROSALÍA DE CASTRO E ANDY WARHOL

A semana pasada coñecimos a obra máis famosa de Andy Warhol e decidimos darlle o toque "warholiano" á nosa Rosalía...

 
 
     
     

DÍA DA PAZ 2018.

    Co gallo do Día da Paz, fixemos unhas pombiñas con pratos de plástico. Ao rematar o acto colgámolas no enreixado do patio para que disfrutaran das fermosas vistas que ten o noso cole.

 

      Os maiores decoraron círculos de cartolina con deseños moi creativos utilizando símbolos e mensaxes de Paz.

 

     

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut