Skip to Content

Iniciar sesión

EXPOSICIÓNS

INVERNO NUN FRASCO.

    Neste Nadal, o alumnado de 5º de Ed. Primaria fixo un adorno moi orixinal. Manipulamos un novo material que semella plastilina pero que seca ao aire e queda coma goma eva. Con el fixemos un bonequiño de neve cos seus detalles e metímolo nun frasco de vidro xunto con boliñas de neve artificial, unha ramiña dourada e un limpapipas simulando un abeto. Decoramos a tapa e... listo!

 

 

RENOS LAMBÓNS.

Neste Nadal, o alumnado de 4º de Ed. Primaria levou para casa unha mascota un tanto especial: un reno moi lambón, xa que no seu interior podíanse gardar bombóns ou doces. Pasámolo xenial facendo cornos con limpapipas,colocándolle a bufanda e a campaíña... noraboa polo resultado, quedaron realmente simpáticos.

ÁRBORES DE NADAL DE DESEÑO

Os alumnos e alumnas de 3º de Ed. Primaria elaboraron árbores de Nadal con goma eva. Gustoulles moito que levaran purpurina, e puxeron moita atención en recortar amodiño para obter un bo resultado. As bólas e as estrelas fixémolas con troqueladores.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

     

 

 

           

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

DUENDES DO NADAL

   Os alumnos e alumnas de 1º e 2º de Ed. Primaria elaboraron uns divertidos duendes para adornar as árbores de Nadal. Marcharon contentísimos!!

         

  

NADAL CHEO DE COR E DIVERSIÓN.

   Aínda que o Nadal xa pasou,  tiña pendente mostrarvos a exposición dos vosos traballiños, porque a verdade é que quedaron chulísimos e o pasamos xenial elaborándoos, verdade que si? A exposición final gustou moito, noraboa!

 

     

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut