Skip to Content

Iniciar sesión

5º PRIMARIA

E COMEZAMOS UN NOVO ANO !

      Benvido 2019!

                  

                                                                 "Amencer"

                        Imos comezar o ano disfrutando dunha fermosa fotografía.

      Recoñecedes este lugar? Pois si: é a paisaxe que vemos dende o noso centro. Poucos coles teñen a sorte de disfrutar da Natureza coma nós e de ver un amencer tan fermoso, así que collín a cámara e... CLICK! adícovola a todos vós. Non esquezades que a Beleza está por todas partes, soamente hai que fixarse ben...

       Aquí vos deixo o meu correo por se vos animades a enviarme unha foto dun lugar, persoa, animal, cousa... que vos pareza fermosa. Logo colgareinas no blog para compartilas con todos. Tedes ata o 15 de febreiro para enviala!  Participade! 

                           mestranerea@gmail.com   (Lembrade pór o voso nome e un título para a foto).

       Tamén desexo compartir esta interesante frase con todos vós:

"A Arte fermosa é aquela na que a man, a cabeza e o corazón marchan xuntos."

John Ruskin (1819-1900) Se queres saber quen foi, preme no seu nome

        Xa me contaredes se estades dacordo!

                                                                                 

 

DÍA DA PAZ 2018.

    Co gallo do Día da Paz, fixemos unhas pombiñas con pratos de plástico. Ao rematar o acto colgámolas no enreixado do patio para que disfrutaran das fermosas vistas que ten o noso cole.

 

      Os maiores decoraron círculos de cartolina con deseños moi creativos utilizando símbolos e mensaxes de Paz.

 

     

 

 

INVERNO NUN FRASCO.

    Neste Nadal, o alumnado de 5º de Ed. Primaria fixo un adorno moi orixinal. Manipulamos un novo material que semella plastilina pero que seca ao aire e queda coma goma eva. Con el fixemos un bonequiño de neve cos seus detalles e metímolo nun frasco de vidro xunto con boliñas de neve artificial, unha ramiña dourada e un limpapipas simulando un abeto. Decoramos a tapa e... listo!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut